Trujillo e as culturas preincaicas

julio 31, 2015 deviaxe 0 Comments

14 e 15 de xullo de 2015

Deixamos as alturas da Cordillera Blanca e desprazámonos nun cómodo autobús-cama ata a cidade costeira de Trujillo, fundada en 1534 por Francisco Pizarro, quen lle deu o nome da súa cidade natal extremeña. O bullicioso casco antigo é de estilo colonial e a maioría dos seus edificios, de unha ou dúas prantas, están ben conservados e pintados con cores vivas.

14 e 15 de xullo de 2015 Deixamos as alturas da Cordillera Blanca e desprazámonos nun cómodo autobús-cama ata a cidade costeira de Trujill...

0 comentarios:

Un paseo polas alturas

julio 24, 2015 deviaxe 2 Comments

10, 11, 12 e 13 de xullo de 2015

Ás 5 de mañá subimos a unha furgoneta que durante as seguintes 5 horas nos levaría por unha estrada sen asfaltar a través de vales e montañas, ascendendo ata os 4800 m de altitude e pasando baixo o cumio do Huascarán (6768 m), a montaña mais alta de Perú.

10, 11, 12 e 13 de xullo de 2015 Ás 5 de mañá subimos a unha furgoneta que durante as seguintes 5 horas nos levaría por unha estrada se...

2 comentarios:

Tres días de aclimatación á altura nos Andes

julio 19, 2015 deviaxe 0 Comments

7, 8 e 9 de xullo

Con unha viaxe en avión e outra en autobús-cama cambiamos as terras baixas da Amazonía polas montañas tropicais andinas do Callejón de Huaylas. Cando chegamos a Huaraz, a paisaxe cambiara totalmente: altas montañas brancas, aire seco, frio invernal e ladeiras case sen vexetación.

7, 8 e 9 de xullo Con unha viaxe en avión e outra en autobús-cama cambiamos as terras baixas da Amazonía polas montañas tropicais andina...

0 comentarios:

Unha fantástica incursión na selva amazónica

julio 16, 2015 deviaxe 1 Comments

2, 3, 4, 5 e 6 de xullo de 2015


Iquitos é unha cidade do norte de Perú situada a orillas do río Amazonas. Non hai estradas que a conecten co resto do mundo e só se pode chegar a ela por medio de avión ou barco. É un importante porto fluvial ao que grandes barcos chegan desde o Atlántico subindo polo río. Tivo o seu período de esplendor a finais do século XIX co boom do caucho, que rematou en 1915 deixando a cidade na pobreza. A explotación do petróleo, os recursos da selva e ultimamente o turismo devolveronlle parte da importancia que tivo no pasado.

2, 3, 4, 5 e 6 de xullo de 2015 Iquitos é unha cidade do norte de Perú situada a orillas do río Amazonas. Non hai estradas que a con...

1 comentarios:

Perú, Bolivia e Chile

julio 01, 2015 deviaxe 0 Comments

1 de xullo de 2015

Pasaremos as próximas 6 semanas visitando por libre 3 países sudamericanos. O plan de viaxe inclúe tesouros arqueolóxicos, alta montaña, selva amazónica, cidades coloniais, desertos, volcáns ...
Entre outras moitas cousas, camiñaremos durante 4 días por un antigo camiño inca para chegar a Machu Pichu en Perú, percorreremos en 4x4 o salar de Uyuni no altiplano de Bolivia e visitaremos o deserto de Atacama en Chile.

1 de xullo de 2015 Pasaremos as próximas 6 semanas visitando por libre 3 países sudamericanos. O plan de viaxe inclúe tesouros arqueolóxic...

0 comentarios: