Rematamos a viaxe en Santiago (de Chile)

agosto 29, 2015 deviaxe 0 Comments

12 e 13 de agosto de 2015

Salvador Allende, diante do palacio da Moneda

O avión que nos levaría de volta a casa saía de Santiago de Chile, así que aproveitamos para coñecer un pouco esta cidade. O frío, a xente vestida con abrigo e bufanda, o ceo gris e as árbores sen follas fixéronnos caer na conta de que alí en agosto están no máis crudo do inverno. Un inverno como o de Galicia, nada que ver con ese inverno de ceos sempre azuis e días soleados que disfrutamos o resto da viaxe.

12 e 13 de agosto de 2015 Salvador Allende, diante do palacio da Moneda O avión que nos levaría de volta a casa saía de Santiago de C...

0 comentarios:

O deserto de Atacama

agosto 27, 2015 deviaxe 0 Comments

8, 9, 10 e 11 de agosto de 2015

Portal de madeira de cactus
O deserto de Atacama, situado no norte de Chile entre a costa pacífica e a cordilleira dos Andes, é o máis seco do planeta, con zonas onde non caeu unha gota en 400 anos. Esta extrema aridez é causada por unha combinación de varios fenómenos: as augas frías da corrente de Humboldt reducen a evaporación e a formación de nubes nesta zona, os ventos alisios devolven ao océano calquera rastro de humidade que puidera chegar a terra, e a cordilleira dos Andes impide que cheguen ata aquí as masas de aire húmido procedentes da Amazonia.

8, 9, 10 e 11 de agosto de 2015 Portal de madeira de cactus O deserto de Atacama, situado no norte de Chile entre a costa pacífica e...

0 comentarios:

Paisaxes doutro mundo

agosto 23, 2015 deviaxe 0 Comments

5, 6 e 7 de agosto de 2015

A pequena cidade de Uyuni, á que chegamos en avión desde El Alto, serviunos de punto de partida para visitar as remotas terras do sur do altiplano boliviano. Durante 3 días percorrimos en 4x4 extraordinarias paisaxes deshabitadas a 4000 metros de altitude, un auténtico deserto frío que parece sacado doutro planeta.

5, 6 e 7 de agosto de 2015 A pequena cidade de Uyuni, á que chegamos en avión desde El Alto, serviunos de punto de partida para visitar as...

0 comentarios:

La Paz, El Alto e Tiahuanacu

agosto 21, 2015 deviaxe 0 Comments

3 e 4 de agosto de 2015



La Paz non é a capital de Bolivia, pero si a súa cidade mais importante e sede do goberno. Está situada a unha altitude de 3700 metros, pero aínda mais arriba está El Alto, un antigo barrio que acadou o rango de cidade e onde viven un millón de persoas a unha altitude de 4100 metros.

3 e 4 de agosto de 2015 La Paz non é a capital de Bolivia, pero si a súa cidade mais importante e sede do goberno. Está situada a unha a...

0 comentarios:

O lago Titicaca

agosto 20, 2015 deviaxe 0 Comments

31 de xullo, 1 e 2 de agosto de 2015

Atravesamos en autobus as áridas terras do altiplano para chegar á beira do lago Titicaca onde, segundo a mitoloxía andina, emerxeron das augas o sol e a lúa. O inmenso lago está situado entre Perú e Bolivia a unha altitude próxima aos 4000 m. Desde a cidade de Puno, no lado peruano, fixemos unha visita en barca a unhas peculiares illas. O pobo dos Uros viuse ameazado polos incas cando estes comezaron a expandirse pola zona, e idearon un orixinal método para fuxir deles: construir illas artificiais e irse a vivir ao medio do lago. Cada illa é unha pequena aldea flotante onde viven unhas 10 familias, e tanto a illa como as casas que hai nela están feitas dun xunco chamado totora que crece no lago.

31 de xullo, 1 e 2 de agosto de 2015 Atravesamos en autobus as áridas terras do altiplano para chegar á beira do lago Titicaca onde, segun...

0 comentarios:

Machu Picchu, unha cidade non tan perdida

agosto 15, 2015 deviaxe 0 Comments



29 de xullo de 2015 


A maioría dos especialistas cren que Machu Picchu foi un complexo urbano de luxo mandado construir hacia 1450 por Pachacútec, o Inca que iniciou a expansión do seu pobo. Alí vivía unha élite civil e relixiosa en suntuosos  palacios e templos, xunto con colonos agrícolas encargados dos cultivos nas terrazas.

29 de xullo de 2015  A maioría dos especialistas cren que Machu Picchu foi un complexo urbano de luxo mandado construir hacia 145...

0 comentarios:

Un camiño inca que leva a Machu Picchu

agosto 14, 2015 deviaxe 0 Comments

26, 27, 28 e 29 de xullo de 2015


O imperio inca construíu unha extensa rede de camiños que comunicaban entre si todos os seus asentamentos, xa foran cidades ou simples postos de control. As comunidades próximas a eles eran as encargadas do seu mantemento, e cada poucos quilómetros había pousadas para o descanso dos viaxeiros. Tamén había un efectivo e  rápido servizo de "correos",  cuns mensaxeiros coñecidos  como "chaskis" que mediante un sistema de relevos transmitían información importante a calquera punto do imperio.

26, 27, 28 e 29 de xullo de 2015 O imperio inca construíu unha extensa rede de camiños que comunicaban entre si todos os seus asent...

0 comentarios:

O Val Sagrado dos incas

agosto 13, 2015 deviaxe 1 Comments

24 e 25 de xullo de 2015


O val do río Urubamba concentra tal cantidade de importantes complexos arqueolóxicos do Imperio Inca que é coñecido como Val Sagrado. A moi pouca distancia de Cusco, cidades, templos, centros de cultivo e experimentación agrícola, fortalezas militares, dependencias administrativas, almacéns ... aparecen espallados por lugares inverosímiles das ladeiras das montañas. Aínda hoxe a magnificencia destas construcións evidencia a complexidade e riqueza da organización social dos incas. Non tiñan moeda e ao ouro só lle daban un valor simbólico e relixioso. Non coñecían a roda nin o ferro, pero movían e encaixaban con precisión pedras de 300 toneladas. É difícil saber con certeza como funcionaba esta sociedade xa que non se lles coñece escritura propia e as crónicas foron escritas anos despois da desaparición do seu imperio. Na actualidade falta investigación e divulgación arqueolóxica seria e sobra charlatanería mística.

24 e 25 de xullo de 2015 O val do río Urubamba concentra tal cantidade de importantes complexos arqueolóxicos do Imperio Inca que...

1 comentarios:

O embigo do mundo

agosto 10, 2015 deviaxe 0 Comments

23 de xullo de 2015


Según a lenda, o primeiro Inca, Manco Cápac, recibiu o encargo do deus Sol, Inti, de atopar un lugar onde se puidera cravar na terra unha vara de ouro ata enterrala. Nese punto fundouse Qosq'o, que significa embigo da terra en quechua. O certo é que a civilización inca estableceuse na zona de Cuzco no século XII, aínda que nese momento non era máis que un pequeno estado dos moitos que había nos Andes. Foi a comezos do século XV, uns 100 anos antes da chegada dos españois, cando o  estado que gobernaba o Inca comezou a expandirse ata conquistar gran parte dos Andes, formando un enorme imperio coñecido como Tahuantinsuyo, que abarcaba desde Quito (Ecuador) ata máis ao sur de Santiago de Chile.

23 de xullo de 2015 Según a lenda, o primeiro Inca, Manco Cápac, recibiu o encargo do deus Sol, Inti, de atopar un lugar onde se puide...

0 comentarios:

O canón do Colca

agosto 08, 2015 deviaxe 0 Comments

20, 21 e 22 de xullo de 2015

Desde Arequipa partimos en autobús para Cabanaconde,  un pequeno pobo que ía servirnos de punto de inicio para coñecer o Canón do Colca.  Este accidente xeográfico ten unha lonxitude de decenas de km e atravesa moitas comunidades tradicionais adicadas á agricultura. As ladeiras máis suaves están intensamente aterrazadas para o cultivo e compoñen unha bonita paisaxe.

20, 21 e 22 de xullo de 2015 Desde Arequipa partimos en autobús para Cabanaconde,  un pequeno pobo que ía servirnos de punto de inicio ...

0 comentarios:

Arequipa

agosto 03, 2015 deviaxe 0 Comments

19 de xullo de 2015


Arequipa, a segunda maior urbe de Perú con case un millón de habitantes, resultou ser unha agradable e tranquila poboación. Con algunhas rúas peatonais no seu coidado casco histórico, esta luminosa cidade colonial supuxo un respiro do tráfico caótico e ruidoso que impera no resto do Perú. Varios volcáns adornan a paisaxe arequipeña coas súas altas cimas nevadas, e algún ameaza silenciosamente a vida dos seus habitantes.

19 de xullo de 2015 Arequipa, a segunda maior urbe de Perú con case un millón de habitantes, resultou ser unha agradable e tranquila...

0 comentarios:

O deserto do sur

agosto 01, 2015 deviaxe 0 Comments

17 e 18 de xullo de 2015

Desprazámonos pola costa peruana cara a pequena vila de Paracas, que vive da pesca e do turismo. Desde o seu porto zarpan barcos turísticos para visitar as illas Ballestas, unha reserva natural onde vive unha colonia de leóns mariños e numerosas aves. Lamentablemente, o estado da mar impediu sair os barcos ese día, polo que nos tivemos que conformar con ver os moitos pelícanos que había na praia.

17 e 18 de xullo de 2015 Desprazámonos pola costa peruana cara a pequena vila de Paracas, que vive da pesca e do turismo. Desde o seu port...

0 comentarios: