Machu Picchu, unha cidade non tan perdida

agosto 15, 2015 deviaxe 0 Comments



29 de xullo de 2015 


A maioría dos especialistas cren que Machu Picchu foi un complexo urbano de luxo mandado construir hacia 1450 por Pachacútec, o Inca que iniciou a expansión do seu pobo. Alí vivía unha élite civil e relixiosa en suntuosos  palacios e templos, xunto con colonos agrícolas encargados dos cultivos nas terrazas.
 


Ao contrario do que parece suxerir o seu emprazamento no medio das montañas, non foi unha fortaleza militar, como tampouco foi unha cidade secreta ou escondida, xa que a zona estaba densamente poboada. Ademais, estaba ben comunicada con outras rexións do imperio a través de oito camiños diferentes, un dos cales seguimos nós durante 4 días para chegar ata alí. 


A cidade seguiu habitada despois da conquista española e pagaba impostos ás autoridades coloniais, aínda que probablemente perdera xa gran parte da súa importancia. Os cambios económicos e estratéxicos que trouxo a conquista fixeron que se convertira nun lugar remoto, mais non deshabitado nin esquecido. 

Vivendas con almacén na pranta superior
Detalle de cómo se tellaban as construcións
Praza central
En 1911, o estadounidense Hiram Bingham chegou a Machu Picchu guiado polos seus contactos locais. Marabillado polo que viu, comezou as escavacións no lugar e enviou a Estados Unidos miles de pezas arqueolóxicas que nunca retornaron a Perú. A universidade de Yale, depositaria das pezas, comprometeuse en 2007 a devolver parte delas pero aínda non cumpriu a promesa. A revista National Geographic publicou en 1913 unha reportaxe sobre a cidade comezando así a súa fama. Foi o propio Bingham o que lle deu a Machu Picchu o sobrenome de "cidade perdida dos incas", aínda que a poboación da zona sabía perfectamente dela e incluso seguía utilizando as súas antigas terrazas de cultivo.


É moi fácil distinguir os edificios destinados a usos ceremoniais ou a residencia da nobleza dos destinados a vivenda dos agricultores. Nos primeiros úsanse grandes sillares con superficies pulidas ou almohadilladas que encaixan perfectamente uns con outros. Nos segundos, os muros fanse con pedras pequenas unidas por argamasa.





En ambos tipos de edificios son características as formas trapezoidais en ventás, portas e hornacinas.

Bloques de pedra sen acabar de pulir


Pasamos case todo o día percorrendo as ruinas, primeiro acompañados polo noso guía que nos explicou moitos detalles e logo volvimos aos mesmos lugares sós, disfrutando outra vez dos espacios e das vistas.


Cóndor tallado na pedra
Rocha tallada para imitar a forma da montaña



29 de xullo de 2015  A maioría dos especialistas cren que Machu Picchu foi un complexo urbano de luxo mandado construir hacia 145...

0 comentarios: