O embigo do mundo

23 de xullo de 2015


Según a lenda, o primeiro Inca, Manco Cápac, recibiu o encargo do deus Sol, Inti, de atopar un lugar onde se puidera cravar na terra unha vara de ouro ata enterrala. Nese punto fundouse Qosq'o, que significa embigo da terra en quechua. O certo é que a civilización inca estableceuse na zona de Cuzco no século XII, aínda que nese momento non era máis que un pequeno estado dos moitos que había nos Andes. Foi a comezos do século XV, uns 100 anos antes da chegada dos españois, cando o  estado que gobernaba o Inca comezou a expandirse ata conquistar gran parte dos Andes, formando un enorme imperio coñecido como Tahuantinsuyo, que abarcaba desde Quito (Ecuador) ata máis ao sur de Santiago de Chile.

Cuzco, como capital do imperio, contaba con impoñentes templos e palacios de pedra adornados con grandes cantidades de ouro e prata. Cando Francisco Pizarro entrou na cidade o 8 de novembro de 1533, despois de asasinar a Atahualpa, último Inca, moitos edificios foron derribados para construir igrexas cristiás e os seus tesouros fundidos en lingotes.
Un bo exemplo disto é o Qorikancha, no seu día o conxunto ceremonial máis rico do Imperio Inca e entregado aos dominicos polos conquistadores españois. De tempos incas conserva un impresionante muro curvo e varios templos integrados no claustro da posterior igrexa cristiá.



Pero aínda hoxe, en calquera rúa do casco histórico, pódense ver incribles mostras da arquitectura inca coexistindo con edificios da época da conquista. Os muros de factura inca son inconfundibles, enormes pedras talladas a medida que encaixan á perfección unhas con outras sen usar nengún tipo de argamasa ou cemento. Case todos os edificios coloniais aproveitaron antigas estructuras incas na súa construcción, e o resultado non pode ser máis pintoresco.








Aos encantos de Cuzco hai que engadir as estreitas calexas empedradas, os fermosos patios barrocos, os soportais, os balcóns de madeira labrada e as prazas de animada vida comercial.



Praza de Armas coa catedral e a igrexa dos xesuitas
Mercado de San Pedro


Soportais da Praza de Armas

Comentarios