As cataratas do Iguazú

diciembre 23, 2015 deviaxe 2 Comments

15 e 16 de decembro de 2015


Desde Buenos Aires voamos a Puerto Iguazú, unha pequena localidade arxentina situada na fronteira con Paraguai e Brasil, para visitar as afamadas cataratas. Dous parques nacionais, un arxentino e outro brasileiro, protexen este monumento natural e a selva que aínda se conserva na súa contorna.
 

Vista desde o avión do río Iguazú e das cataratas

O río Iguazú corre por unha planicie de rocha volcánica que no pasado foi quebrada por unha falla que produciu un escalón nesa planicie. A forza da auga ao caer polo escalón foi erosionando a rocha e facendo retroceder o salto cara atrás. Hoxe as cataratas se situan a 23 km do salto primixenio e retroceden 2 cm por ano. No lado que pertence a Arxentina están a maioría dos saltos de auga, que se estenden ao longo de 2700 m e caen ao canón escavado polo río Iguazú. Pódense facer tres circuítos diferentes a través de sendeiros pola selva e pasarelas situadas sobre o río que fan posible aproximarse a numerosos saltos, tanto á parte de arriba como á súa base. 


A pesar da falta de divulgación científica sobre as cataratas, a xestión do parque é bastante boa, permitindo desfrutar dun entorno natural con tranquilidade a pesar da multitude de persoas que visitan o lugar. Como complemento, é fácil ver monos, coatíes, centos de bolboretas, paxaros, lagartos, formigas xigantes, vencexos que anidan detrás das cascadas ... 

Coatí

Mono caí

Urraca de cresta alborotada


Lagarto overo

Nada máis chegar, montamos no tren que traslada aos visitantes ao camiño que leva ata a Garganta do Diablo, salto polo que se precipitan a metade dos 1800 metros cúbicos por segundo que teñen de caudal as cataratas. A vista desde a plataforma xusto enriba da caída e sobrecolledora.



Levounos o resto do día facer os outros dous circuitos que hai o no parque arxentino, que se achegan a saltos menos caudalosos pero que conforman un conxunto moi fermoso, con innumerables cortinas de auga caíndo entre a vexetación.

 



Ao día seguinte, fomos ao parque brasileiro para complementar a visita coa vista das cataratas desde a outra beira do río. Un único circuito ofrece unha visión panorámica do conxunto de saltos, que se explica popularmente dicindo que "Arxentina ten os saltos, e Brasil as vistas". 


A fina chuvia que sae das cataratas e o sol crean un arco da vella que nos acompañou durante todo o percorrido. Ao final hai unha espectacular plataforma dentro da garganta que é imposible pisar sen acabar totalmente empapado pola chuvia. 





Vencexo de cascada

15 e 16 de decembro de 2015 Desde Buenos Aires voamos a Puerto Iguazú, unha pequena localidade arxentina situada na fronteira con...

2 comentarios:

  1. Argentina tem os saltos, o Brasil as vistas", ighualinhas que corcubiom e Cee :D

    ResponderEliminar
  2. Argentina tem os saltos, o Brasil as vistas", ighualinhas que corcubiom e Cee :D

    ResponderEliminar