Trujillo e as culturas preincaicas

14 E 15 DE XULLO DE 2015  

Deixamos as alturas da Cordillera Blanca e desprazámonos nun cómodo autobús-cama ata a cidade costeira de Trujillo, fundada en 1534 por Francisco Pizarro, quen lle deu o nome da súa cidade natal extremeña. O bullicioso casco antigo é de estilo colonial e a maioría dos seus edificios, de unha ou dúas prantas, están ben conservados e pintados con cores vivas.


14 E 15 DE XULLO DE 2015   Deixamos as alturas da Cordillera Blanca e desprazámonos nun cómodo autobús-cama ata a cidade costeira de Tru...

0 comentarios:

Un paseo polas alturas

10, 11, 12 E 13 DE XULLO DE 2015  

Ás 5 de mañá subimos a unha furgoneta que durante as seguintes 5 horas nos levaría por unha estrada sen asfaltar a través de vales e montañas, ascendendo ata os 4800 m de altitude e pasando baixo o cumio do Huascarán (6768 m), a montaña mais alta de Perú.

Queñuales na lagoa LLanganuco

10, 11, 12 E 13 DE XULLO DE 2015   Ás 5 de mañá subimos a unha furgoneta que durante as seguintes 5 horas nos levaría por unha estr...

2 comentarios:

Tres días de aclimatación á altura nos Andes

7, 8 E 9 DE XULLO DE 2015  

Con unha viaxe en avión e outra en autobús-cama cambiamos as terras baixas da Amazonía polas montañas tropicais andinas do Callejón de Huaylas. Cando chegamos a Huaraz, a paisaxe cambiara totalmente: altas montañas brancas, aire seco, frio invernal e ladeiras case sen vexetación.
Usamos esta pequena cidade situada a 3100 m de altitude para facer varias excursións pola contorna e co obxectivo adicional de aclimatar o noso corpo ao déficit de osíxeno que existe a medida que se colle altura.
A primeira visita levounos ata as ruínas preincaicas de Chavín de Huántar, non moi ben conservadas debido a avatares históricos e naturais. Foi un conxunto de edificios relixiosos da cultura chavín (1200 - 500 a.C.) presididos por unha pirámide trunca, que estaba adornada con numerosas cabezas de deidades da súa relixión. 


7, 8 E 9 DE XULLO DE 2015   Con unha viaxe en avión e outra en autobús-cama cambiamos as terras baixas da Amazonía polas montañas trop...

0 comentarios:

Unha fantástica incursión na selva amazónica

2, 3, 4, 5 E 6 DE XULLO DE 2015  


Iquitos é unha cidade do norte de Perú situada a orillas do río Amazonas. Non hai estradas que a conecten co resto do mundo e só se pode chegar a ela por medio de avión ou barco. É un importante porto fluvial ao que grandes barcos chegan desde o Atlántico subindo polo río. Tivo o seu período de esplendor a finais do século XIX co boom do caucho, que rematou en 1915 deixando a cidade na pobreza. A explotación do petróleo, os recursos da selva e ultimamente o turismo devolveronlle parte da importancia que tivo no pasado.

2, 3, 4, 5 E 6 DE XULLO DE 2015   Iquitos é unha cidade do norte de Perú situada a orillas do río Amazonas. Non hai estradas que a c...

1 comentarios:

Perú, Bolivia e Chile

1 DE XULLO DE 2015

Pasaremos as próximas 6 semanas visitando por libre 3 países sudamericanos. O plan de viaxe inclúe tesouros arqueolóxicos, alta montaña, selva amazónica, cidades coloniais, desertos, volcáns ...
Entre outras moitas cousas, camiñaremos durante 4 días por un antigo camiño inca para chegar a Machu Pichu en Perú, percorreremos en 4x4 o salar de Uyuni no altiplano de Bolivia e visitaremos o deserto de Atacama en Chile.

1 DE XULLO DE 2015 Pasaremos as próximas 6 semanas visitando por libre 3 países sudamericanos. O plan de viaxe inclúe tesouros arqueolóx...

0 comentarios: