A Suíza máis descoñecida

agosto 29, 2016 deviaxe 0 Comments

20, 21, 22, 23 , 24 e 25 de agosto de 2016

Nas últimas xornadas da nosa viaxe deixamos os roteiros de montaña para achegarnos a vilas e aldeas do norte e este suízo. Son rexións con moito menos turismo que as que visitáramos ata ese momento.


No norte, preto da fronteira con Alemaña, visitamos as Rheinfall, unhas cascadas no río Rin, e as cidades próximas de Schaffhausen e Stein am Rhein. Nelas destacan as vivendas dos séculos XVI e XVII con frescos nas fachadas e balcóns pechados, resultado do gusto pola exhibición da riqueza dos propietarios, así como outras casas con entramados de madeira, mais humildes no seu tempo pero que hoxe non resultan menos bonitas.

20, 21, 22, 23 , 24 e 25 de agosto de 2016 Nas últimas xornadas da nosa viaxe deixamos os roteiros de montaña para achegarnos a vilas e al...

0 comentarios:

Os Alpes da Suíza central

agosto 27, 2016 deviaxe 0 Comments


15, 16, 17 , 18 e 19 de agosto de 2016


Cada rincón dos Alpes berneses semella sacado dunha postal, empezando polo emprazamento da cidade de Interlaken entre dous lagos dun azul intensísimo. Non é de estrañar que sexa o principal destino turístico de Suíza e que algunhas das mellores excursións polos Alpes partan deste lugar. Tamén aquí os remontes e trens de montaña permiten que calquera poida desfrutar da paisaxe, e fan asequibles rutas que serían moi duras se houbese que subir andando desde o fondo do val.

15, 16, 17 , 18 e 19 de agosto de 2016 Cada rincón dos Alpes berneses semella sacado dunha postal, empezando polo emprazamento ...

0 comentarios:

Matterhorn e Aletsch, dúas iconas dos Alpes

agosto 26, 2016 deviaxe 0 Comments

 12, 13 e 14 de agosto de 2016


A diferencia do Mont Blanc, a silueta do Matterhorn é inconfundible e, coa súa forma de pirámide, probablemente sexa un dos cumios mais coñecidos dos Alpes. É unha das montañas mais difíciles de escalar dos Alpes e estímase que morreron unhas 500 persoas intentado subilo.

  12, 13 e 14 de agosto de 2016 A diferencia do Mont Blanc, a silueta do Matterhorn é inconfundible e, coa súa forma de...

0 comentarios:

Queixo, medievo e rock & roll

agosto 23, 2016 deviaxe 0 Comments

10 e 11 de agosto de 2016

Castelo de Neuchâtel
Logo da nosa curta estancia en Xenebra, fixemos unha ruta en coche pasando por varias cidades e pobos que nos serviron de presentación da paisaxe urbana e rural deste país. Neuchâtel, Berna e Friburgo son tres pequenas cidades que poden presumir de ter uns cascos históricos moi ben conservados e cheos de vida. Están situadas na rexión central de Suíza, fóra da cordilleira alpina e presentan un relevo relativamente suave, polo que non se corresponden coa estampa tópica do país.
Estas poboacións parecen lugares agradables para vivir, con moitas rúas peonais, transporte público eficiente, comercio pequeno, edificios de varios séculos coidados e habitados, ...

10 e 11 de agosto de 2016 Castelo de Neuchâtel Logo da nosa curta estancia en Xenebra, fixemos unha ruta en coche pasando por varias c...

0 comentarios:

De visita no CERN

agosto 22, 2016 deviaxe 0 Comments

9 de agosto de 2016


O CERN é unha das primeiras institucións europeas, fundada en Xenebra tras a 2ª Guerra Mundial, que puxo a traballar nunha meta común a países que loitaran entre si uns anos antes. O obxectivo principal era facer investigación sobre a física do átomo, e en contraposición ao Proxecto Manhattan estadounidense, o CERN parte de dous principios básicos: non se fai investigación militar e todo o que se descubra debe compartirse de forma pública, sen gardar segredos.
No camiño ata hoxe converteuse na institución científica europea mais grande e respectada, na que traballan persoas de máis de 100 nacións diferentes, situado na vangarda tecnolóxica e científica mundial, e que realiza unha grande labor educativa e divulgativa. Nestes anos, a física do átomo complicouse ao ir descubrindo que as pezas que forman aos átomos (protóns e neutróns) estaban formados por outras partículas mais pequenas (quarks e gluóns). Grosso modo, o que se fai no CERN e en outras instalacións semellantes, é facer chocar entre si átomos e anacos de átomos a grandísimas velocidades e logo estudar o resultado desas colisións. Con 27 km de circunferencia, o LHC do CERN é o colisionador mais grande que existe no mundo, e tamén o mais potente. Nel hai contruidos 4 detectores, cada un deles especializado en aspectos diferentes da física nuclear.

9 de agosto de 2016 O CERN é unha das primeiras institucións europeas, fundada en Xenebra tras a 2ª Guerra Mundial, que puxo a traballa...

0 comentarios:

Descubrindo os Alpes en Chamonix

agosto 18, 2016 deviaxe 0 Comments

 5, 6, 7 e 8 de agosto de 2016


A localidade francesa de Chamonix está situada nun fondo val dos Alpes e rodeada de altas montañas con neves perpetuas e glaciares. Está considerada como o berce do alpinismo e os deportes de montaña, e xa durante o século XIX comezou a súa traxectoria como destino turístico. Neste lugar sempre é tempada alta, pois durante o inverno opera como unha das estacións de esquí mais coñecidas de Europa, e durante o verán é un paraíso para sendeiristas, alpinistas e escaladores.

  5, 6, 7 e 8 de agosto de 2016 A localidade francesa de Chamonix está situada nun fondo val dos Alpes e rodeada de altas montañas con ...

0 comentarios:

Uns días tranquilos pola Dordoña

agosto 15, 2016 deviaxe 0 Comments

31 de xullo, 1, 2, 3 de agosto

Durante o mes de agosto estaremos de viaxe co noso coche polos Alpes, durmindo en tenda de campaña e repartindo as nosas xornadas entre facer sendeirismo e visitar pobos e cidades. A maior parte da viaxe pasarémola en Suíza, aínda que botaremos os primeiros días no suroeste de Francia, na rexión situada entre os vales dos ríos Garona e Dordoña.

Río Dordoña desde La Roque-Gageac

31 de xullo, 1, 2, 3 de agosto Durante o mes de agosto estaremos de viaxe co noso coche polos Alpes, durmindo en tenda de campaña e repart...

0 comentarios:

New York, New York

febrero 19, 2016 deviaxe 0 Comments

7, 8 e 9 de xaneiro de 2016



Non estaba dentro do proxecto de viaxe á Patagonia facer unha parada en Nova York, pero decidimos prolongar a escala prevista para percorrer esta cidade durante 3 dias sen coste adicional. Como o tempo era limitado, adicámonos a pasear polo sur de Manhattan, o que veñen sendo os barrios mais céntricos da cidade, visitando espazos e vendo comportamentos que nos resultaron moi familiares por ser repetidos ata a saciedade en cine e televisión.

7, 8 e 9 de xaneiro de 2016 Non estaba dentro do proxecto de viaxe á Patagonia facer unha parada en Nova York, pero decidimos prolonga...

0 comentarios:

Buenos Aires

febrero 03, 2016 deviaxe 0 Comments

13 e 14 de decembro de 2015 e 5 de xaneiro de 2016



Os aeroportos de Buenos Aires foron o punto de destino e partida dos vós que nos levaron a Iguazú e Patagonia, polo que tivemos tempo para visitar a cidade ao comezo e ao final desta viaxe. Ao baixar do avión sempre nos recibiu un tempo veraniego, con altas temperaturas, bochorno e sol. Paseamos polas súas rúas e prazas coa sensación de estar nunha cidade europea, e non sen motivos se lle chama a Buenos Aires a "Paris do sur".

13 e 14 de decembro de 2015 e 5 de xaneiro de 2016 Os aeroportos de Buenos Aires foron o punto de destino e partida dos vós que nos le...

0 comentarios:

Ushuaia, a fisterra do sur

enero 30, 2016 deviaxe 0 Comments

1, 2, 3 e 4 de xaneiro de 2016


Tras 12 horas de viaxe en autobús, ferry e os necesarios controis fronteirizos para pasar de Chile a Arxentina, chegamos ao punto mais austral desta viaxe, Ushuaia. Durante miles de anos estas terras foron habitadas polo pobo cazador-recolector dos yámana. Nas primeiras exploracións, os navegantes europeos vían desde o mar as fogueiras que facían os yámana e bautizaron a esta rexión como Tierra del Fuego. A partir de 1870 se instalaron os primeiros misioneiros europeos para colonizar o territorio. Arxentina, que veia perigar a súa soberanía, instalou unha prisión en Ushuaia para reforzar o control da rexión, á cal mandaron aos peores criminais e presos políticos.

1, 2, 3 e 4 de xaneiro de 2016 Tras 12 horas de viaxe en autobús, ferry e os necesarios controis fronteirizos para pasar de Chile a Arx...

0 comentarios:

Os pingüíns patagónicos

enero 10, 2016 deviaxe 0 Comments

29, 30 e 31 de decembro de 2015

Un autobús levounos de Puerto Natales a Punta Arenas, cidade chilena situada no Estreito de Magallanes. O motivo para vir ata aquí era visitar dúas das colonias de pingüíns que hai nestas costas. Na pequena illa Magdalena, a dúas horas de lento paseo en barco desde Punta Arenas, aniñan 80000 parellas de pingüíns de Magallanes (Spheniscus magellanicus).

29, 30 e 31 de decembro de 2015 Un autobús levounos de Puerto Natales a Punta Arenas, cidade chilena situada no Estreito de Magallanes....

0 comentarios:

Parque Nacional Torres del Paine

enero 08, 2016 deviaxe 0 Comments

23, 24, 25, 26, 27 e 28 de decembro de 2015

Cambiamos a Patagonia arxentina pola chilena, desprazándonos en autobús a Puerto Natales, a vila mais cercana  ao Parque Nacional Torres del Paine. É unha vila tradicionalmente mariñeira na que a actividade turística é cada vez mais importante.

23, 24, 25, 26, 27 e 28 de decembro de 2015 Cambiamos a Patagonia arxentina pola chilena, desprazándonos en autobús a Puerto Natales, ...

0 comentarios:

O glaciar espectáculo

enero 06, 2016 deviaxe 0 Comments

21 e 22 de decembro de 2015

Carancho (Caracara plancus). Atopámolo no camiño de acceso ao glaciar.

Desde El Chaltén conducimos ata o sector sur do Parque Nacional Los Glaciares, aloxándonos en El Calafate, unha vila con moito turismo por ser a porta de acceso a unha das maiores atraccións de Arxentina: o precioso glaciar Perito Moreno, que ten unha serie de características que o fan único. Por unha parte, é dos poucos glaciares que aumentou o seu tamaño durante o século XX. Ademais, é moi accesible e hai impresionantes vistas da súa parte frontal a poucos pasos do parking. E por se fora pouco, diariamente prodúcense desprendementos de enormes bloques de xeo que caen ao lago con gran estruendo.

21 e 22 de decembro de 2015 Carancho ( Caracara plancus). Atopámolo no camiño de acceso ao glaciar. Desde El Chaltén conducimos a...

0 comentarios:

Torres de pedra no Parque Nacional Los Glaciares

enero 05, 2016 deviaxe 0 Comments

17, 18, 19 e 20 de decembro de 2015

A nosa chegada á Patagonia

O arxentino Parque Nacional Los Glaciares, que fai fronteira con Chile na vertente este dos Andes, protexe montañas, lagos e bosques e, sobre todo, enormes extensións xeadas. Un enorme casquete de xeo, tan grande como a metade de Galicia, cubre esta parte da cordilleira andina. Desde el descólganse linguas glaciares que ocupan mais do 30 % da superficie do parque. Estes glaciares chegan ata altitudes de poucos metros sobre o nivel do mar, o que os fai bastante accesibles e fáciles de visitar.

17, 18, 19 e 20 de decembro de 2015 A nosa chegada á Patagonia O arxentino Parque Nacional Los Glaciares, que fai fronteira con Ch...

0 comentarios: