O glaciar espectáculo

21 E 22 DE DECEMBRO DE 2015  

Carancho (Caracara plancus). Atopámolo no camiño de acceso ao glaciar.

Desde El Chaltén conducimos ata o sector sur do Parque Nacional Los Glaciares, aloxándonos en El Calafate, unha vila con moito turismo por ser a porta de acceso a unha das maiores atraccións de Arxentina: o precioso glaciar Perito Moreno, que ten unha serie de características que o fan único. Por unha parte, é dos poucos glaciares que aumentou o seu tamaño durante o século XX. Ademais, é moi accesible e hai impresionantes vistas da súa parte frontal a poucos pasos do parking. E por se fora pouco, diariamente prodúcense desprendementos de enormes bloques de xeo que caen ao lago con gran estruendo.


Un sistema de pasarelas de madeira permite observar de preto o glaciar desde distintos ángulos e a diferentes alturas. Trátase dunha experiencia visual e auditiva, pois o movemento do xeo provoca frecuentes e fascinantes sons. 




  

O glaciar foi nomeado en honor a Francisco Moreno, un enxeñeiro, explorador e aventureiro que a finais do século XIX exerceu como perito do goberno arxentino para delimitar de forma precisa a fronteira con Chile na rexión patagónica. Hai moitas anécdotas curiosas sobre estes primeiros montañeiros que exploraron e cartografiaron os campos de xeo, como o relixioso Alberto de Agostini, que escalaba en sotana.
O frente do glaciar ten 4 km de ancho e 55 metros de altura sobre a auga, o que fai que os barcos turísticos parezan diminutos ao seu lado. Pero o xeo non está flotando sobre o lago, senón apoiado no fondo rochoso, polo que o espesor total é de 230 metros. 



Algo que nos chamou a atención no Parque Nacional Los Glaciares é a presenza de bosque a escasos metros do xeo, a diferenza do que ocorre noutras zonas glaciares que temos coñecido. 




Nun extremo de El Calafate atópase a Reserva Municipal Laguna Nímez, un conxunto de humedais onde pasamos varias horas entretidos coa grande variedade de aves que viven e anidan neles. 

Reserva da lagoa Nímez con El Calafate ao fondo

Flamencos austrais (Phoenicopterus chilensis)

Flamencos

Gavilán cincento (Circus cinereus)

Bandurria (Theristicus caudatus)

Familia de cauquéns (Chloephaga picta)

Chimango (Milvago chimango)

21 E 22 DE DECEMBRO DE 2015   Carancho ( Caracara plancus). Atopámolo no camiño de acceso ao glaciar. Desde El Chaltén conduc...

0 comentarios: