Torres de pedra no Parque Nacional Los Glaciares

17, 18, 19 E 20 DE DECEMBRO DE 2015  

A nosa chegada á Patagonia

O arxentino Parque Nacional Los Glaciares, que fai fronteira con Chile na vertente este dos Andes, protexe montañas, lagos e bosques e, sobre todo, enormes extensións xeadas. Un enorme casquete de xeo, tan grande como a metade de Galicia, cubre esta parte da cordilleira andina. Desde el descólganse linguas glaciares que ocupan mais do 30 % da superficie do parque. Estes glaciares chegan ata altitudes de poucos metros sobre o nivel do mar, o que os fai bastante accesibles e fáciles de visitar.


Pasamos 4 días no sector norte deste Parque Nacional, unha remota rexión da Patagonia onde o pequeno pobo de El Chaltén proporciona os servizos necesarios para o turismo.

O pobo de El Chaltén

Fixemos tres longas rutas de sendeirismo, que nos levaron ata a base de impoñentes picos graníticos como o cerro Torre ou o cerro Chaltén, tamén coñecido como Fitz Roy.

Á esquerda o Cerro Torre, e o mais grande, á dereita, Cerro Fitz Roy


"Chaltén" é o nome tradicional, que significa montaña de fume



 
Detrás destas cimas está o inmenso Campo de Hielo Patagónico Sur, a terceira masa de xeo mais grande do planeta, logo da Antártida e Groenlandia. Case toda a paisaxe estivo cuberta por glaciares hai miles de anos, e os que aínda podemos ver hoxe perderon moita extensión e volume nas últimas décadas, o que se evidencia nas pegadas deixadas por eles en zonas que agora están libres de xeo.
 
As morrenas laterais marcan o "cauce" por onde circulaba o glaciar hai décadas
Ladeiras e vales das montañas estan cubertos de lengas (Nothofagus pumilio), unha especie de árbore parecida aos bidueiros que forma mestos bosques que dan acubillo a unha importante variedade faunística.
 

Chingolo común (Zonotrichia capensis)

Pitío (Colaptes pitius)


Cachaña (Enicognathus ferrugineus)

Árbore chea de cachañas

Diucón (Xolmis pyrope)

Pero as baixas temperaturas, a neve e o vento dan lugar a desertos na zona alta das montañas.

Ao fondo, o lago Viedma, de orixe glaciar



É moi fácil ver cóndores nos canóns formados polos ríos, ademais de varias especies diferentes de aves rapaces.

Cóndor andino (Vultur gryphus)


Matamico branco (Phalcobaenus albogularis)

Sen embargo, a poucos quilómetros das montañas as precipitacións son mínimas e o bosque da paso á estepa de herbas e pequenos matorrais.

Taro (Vanellus chilensis), habitas as pradeiras herbáceas

17, 18, 19 E 20 DE DECEMBRO DE 2015   A nosa chegada á Patagonia O arxentino Parque Nacional Los Glaciares, que fai fronteira co...

0 comentarios: