Buenos Aires

13 E 14 DE DECEMBRO DE 2015 E 5 DE XANEIRO DE 2016   


Os aeroportos de Buenos Aires foron o punto de destino e partida dos vós que nos levaron a Iguazú e Patagonia, polo que tivemos tempo para visitar a cidade ao comezo e ao final desta viaxe. Ao baixar do avión sempre nos recibiu un tempo veraniego, con altas temperaturas, bochorno e sol. Paseamos polas súas rúas e prazas coa sensación de estar nunha cidade europea, e non sen motivos se lle chama a Buenos Aires a "Paris do sur".


O centro conta con amplas avenidas arboradas, numerosos parques e moitos edificios de fins do século XIX que lle dan un carácter moi diferente á outras cidades que coñecimos en Sudamérica.

Palacio de Aguas Corrientes, antigo depósito de auga

O histórico Café Tortoni

Puerto Madero

Aquí está a Praza de Maio, lugar onde as Nais de Maio continúan reivindicando xustiza polos desaparecidos durante a dictadura. En moitas rúas da cidade existen placas conmemorativas en memoria das víctimas.

Praza de Maio coa Casa Rosada


Outros barrios teñe unha personalidade propia, como o de San Telmo, con rúas estreitas e tendas de antigüidades e o humilde barrio de Boca, situado na boca do Río Riachuelo e famoso polas súas casas pintadas de cores.




13 E 14 DE DECEMBRO DE 2015 E 5 DE XANEIRO DE 2016    Os aeroportos de Buenos Aires foron o punto de destino e partida dos vós que n...

0 comentarios: