De visita no CERN

9 DE AGOSTO DE 2016  


O CERN é unha das primeiras institucións europeas, fundada en Xenebra tras a 2ª Guerra Mundial, que puxo a traballar nunha meta común a países que loitaran entre si uns anos antes. O obxectivo principal era facer investigación sobre a física do átomo, e en contraposición ao Proxecto Manhattan estadounidense, o CERN parte de dous principios básicos: non se fai investigación militar e todo o que se descubra debe compartirse de forma pública, sen gardar segredos.
No camiño ata hoxe converteuse na institución científica europea mais grande e respectada, na que traballan persoas de máis de 100 nacións diferentes, situado na vangarda tecnolóxica e científica mundial, e que realiza unha grande labor educativa e divulgativa. Nestes anos, a física do átomo complicouse ao ir descubrindo que as pezas que forman aos átomos (protóns e neutróns) estaban formados por outras partículas mais pequenas (quarks e gluóns). Grosso modo, o que se fai no CERN e en outras instalacións semellantes, é facer chocar entre si átomos e anacos de átomos a grandísimas velocidades e logo estudar o resultado desas colisións. Con 27 km de circunferencia, o LHC do CERN é o colisionador mais grande que existe no mundo, e tamén o mais potente. Nel hai contruidos 4 detectores, cada un deles especializado en aspectos diferentes da física nuclear.


Nós asistimos a unha visita guiada por un investigador que nos falou do funcionamento do LHC e de ATLAS, o xigantesco detector do tamaño dunha catedral no que traballa. Ensinounos a sá de control e amosounos o primeiro acelerador de partículas construído no CERN, hoxe exposto como peza de museo.

Sala de control de ATLAS

Primeiro acelerador do CERN


Tamén visitamos unha excelente exposición sobre todo o relacionado co CERN e a física de partículas. Alí estaba un dos nosos experimentos favoritos, a cámara de néboa, onde se poden ver as estelas que deixan algunhas partículas subatómicas e raios cósmicos ao atravesar os vapores que contén a cámara. A análise destas traxectorias marcadas polas partículas supuxo un grande avance nesta rama da física e hoxe en día os grandes detectores seguen facendo o mesmo, só que con sensores dixitais e tecnoloxías automatizadas.

Cámara de néboa con trazas de partículas

Logo de pasar unha mañá completa no CERN, visitamos Xenebra pola tarde, e concluímos que é unha cidade que carece de maior interese.

Escultura no CERN coa historia da ciencia escrita a través das súas fórmulas

9 DE AGOSTO DE 2016   O CERN é unha das primeiras institucións europeas, fundada en Xenebra tras a 2ª Guerra Mundial, que puxo a trab...

0 comentarios: