Ushuaia, a fisterra do sur

1, 2, 3 E 4 DE XANEIRO DE 2016  


Tras 12 horas de viaxe en autobús, ferry e os necesarios controis fronteirizos para pasar de Chile a Arxentina, chegamos ao punto mais austral desta viaxe, Ushuaia. Durante miles de anos estas terras foron habitadas polo pobo cazador-recolector dos yámana. Nas primeiras exploracións, os navegantes europeos vían desde o mar as fogueiras que facían os yámana e bautizaron a esta rexión como Tierra del Fuego. A partir de 1870 se instalaron os primeiros misioneiros europeos para colonizar o territorio. Arxentina, que veia perigar a súa soberanía, instalou unha prisión en Ushuaia para reforzar o control da rexión, á cal mandaron aos peores criminais e presos políticos.

1, 2, 3 E 4 DE XANEIRO DE 2016   Tras 12 horas de viaxe en autobús, ferry e os necesarios controis fronteirizos para pasar de Chile a...

0 comentarios:

Os pingüíns patagónicos

29, 30 E 31 DE DECEMBRO DE 2015  

Un autobús levounos de Puerto Natales a Punta Arenas, cidade chilena situada no Estreito de Magallanes. O motivo para vir ata aquí era visitar dúas das colonias de pingüíns que hai nestas costas. Na pequena illa Magdalena, a dúas horas de lento paseo en barco desde Punta Arenas, aniñan 80000 parellas de pingüíns de Magallanes (Spheniscus magellanicus).
 


29, 30 E 31 DE DECEMBRO DE 2015   Un autobús levounos de Puerto Natales a Punta Arenas, cidade chilena situada no Estreito de Magal...

0 comentarios:

Parque Nacional Torres del Paine

23, 24, 25, 26, 27 E 28 DE DECEMBRO DE 2015  

Cambiamos a Patagonia arxentina pola chilena, desprazándonos en autobús a Puerto Natales, a vila mais cercana  ao Parque Nacional Torres del Paine. É unha vila tradicionalmente mariñeira na que a actividade turística é cada vez mais importante.



23, 24, 25, 26, 27 E 28 DE DECEMBRO DE 2015   Cambiamos a Patagonia arxentina pola chilena, desprazándonos en autobús a Puerto Nata...

0 comentarios:

O glaciar espectáculo

21 E 22 DE DECEMBRO DE 2015  

Carancho (Caracara plancus). Atopámolo no camiño de acceso ao glaciar.

Desde El Chaltén conducimos ata o sector sur do Parque Nacional Los Glaciares, aloxándonos en El Calafate, unha vila con moito turismo por ser a porta de acceso a unha das maiores atraccións de Arxentina: o precioso glaciar Perito Moreno, que ten unha serie de características que o fan único. Por unha parte, é dos poucos glaciares que aumentou o seu tamaño durante o século XX. Ademais, é moi accesible e hai impresionantes vistas da súa parte frontal a poucos pasos do parking. E por se fora pouco, diariamente prodúcense desprendementos de enormes bloques de xeo que caen ao lago con gran estruendo.

21 E 22 DE DECEMBRO DE 2015   Carancho ( Caracara plancus). Atopámolo no camiño de acceso ao glaciar. Desde El Chaltén conduc...

0 comentarios:

Torres de pedra no Parque Nacional Los Glaciares

17, 18, 19 E 20 DE DECEMBRO DE 2015  

A nosa chegada á Patagonia

O arxentino Parque Nacional Los Glaciares, que fai fronteira con Chile na vertente este dos Andes, protexe montañas, lagos e bosques e, sobre todo, enormes extensións xeadas. Un enorme casquete de xeo, tan grande como a metade de Galicia, cubre esta parte da cordilleira andina. Desde el descólganse linguas glaciares que ocupan mais do 30 % da superficie do parque. Estes glaciares chegan ata altitudes de poucos metros sobre o nivel do mar, o que os fai bastante accesibles e fáciles de visitar.

17, 18, 19 E 20 DE DECEMBRO DE 2015   A nosa chegada á Patagonia O arxentino Parque Nacional Los Glaciares, que fai fronteira co...

0 comentarios: