Isabela, a gran illa dos cinco volcáns

abril 30, 2017 deviaxe 0 Comments

18, 19 e 20 de abril de 2017


Deixamos o Golondrina por uns días para ir coñecer o sur da illa Isabela pola nosa conta. Esta é, con diferencia, a illa mais grande do arquipélago​, resultado da unión de varios volcáns aínda activos. Co tempo, a placa oceánica moverase cara América, o hotspot deixará de alimentar estes volcáns e a erosión do mar convertirá a Isabela en varias illas mais pequenas.
Unhas poucas rúas sen pavimentar dan lugar a Puerto Villamil, único núcleo de poboación de Isabela. É un sitio tranquilo, de aspecto tropical que vive totalmente volcado ao turismo. Desde alí poden facerse varias excursións interesantes, aínda que para case todas é obrigatorio ir acompañados dun guía por motivos de protección do medio natural.

18, 19 e 20 de abril de 2017 Deixamos o Golondrina por uns días para ir coñecer o sur da illa Isabela pola nosa conta. Esta é, con d...

0 comentarios:

Cruceiro polas illas occidentais

abril 29, 2017 deviaxe 0 Comments

14 ao 17 de abril de 2017

O arquipélago das Galápagos componse de 13 illas principais e un montón de illotes e illas menores, polo que para acceder​ aos lugares de visita é imprescindible ir en barco. Só 4 destas illas están habitadas e o resto do territorio está deshabitado e ten o acceso moi limitado. Para chegar a elas é necesario contratar o servizo con algunha empresa que, ademais de proporcionar​ o transporte​, ten a obriga de ​levar un guía habilitado polo Parque Nacional. Os lugares de visita están determinados e na maioría dos casos as empresas se reparten un cupo limitado de visitantes. Existe a posibilidade facer tours diarios desde Puerto Ayora, a vila mais grande das illas, pero pérdese moito tempo navegando ida e volta e ademais algunhas illas están demasiado lonxe para chegar nunha xornada. Nós escollemos a outra alternativa, facer un cruceiro de cinco días que nos levou polas illas de Isabela, Fernandina e Santiago que son as mais occidentais e polo tanto as mais xóvenes en idade xeolóxica.


14 ao 17 de abril de 2017 O arquipélago das Galápagos componse de 13 illas principais e un montón de illotes e illas menores, polo que ...

0 comentarios:

Primeiros días nas illas Galápagos

abril 28, 2017 deviaxe 0 Comments

12, 13 e 14 de abril de 2017


12, 13 e 14 de abril de 2017

0 comentarios:

A selva anubrada de Mindo

abril 12, 2017 deviaxe 0 Comments

9, 10 e 11 de abril de 2017


A dúas horas de viaxe ao norte de Quito está Mindo, unha pequena vila rodeada de selva anubrada que conta como principal atractivo cunha grande variedade de aves e prantas, o que lle da sona mundial entre a xente afeccionada. Ata aquí viñemos en autobús de línea desde a capital ecuatoriana, para aloxarnos durante tres días na Hacienda San Vicente. Esta estancia posúe 200 hectáreas de selva das que unha pequena parte se poden percorrer por camiños e sendeiros sinalizados.

9, 10 e 11 de abril de 2017 A dúas horas de viaxe ao norte de Quito está Mindo, unha pequena vila rodeada de selva anubrada que cont...

0 comentarios: