A capela carolinxia de Aquisgrán

20 DE XULLO DE 2017  


Carlomagno foi un rei que entre os séculos VIII e IX gobernou no que hoxe é Francia, Alemania, Países Baixos e outros moitos territorios europeos. Desde a caída do imperio romano ninguén lograra acumular tanto poder, polo que conseguiu do Papa de Roma o título de emperador. A capital do imperio carolinxio estaba en Aquisgrán, unha cidade alemana situada cerca da fronteira con Bélxica. Alí mandou edificar unha capela para uso privado, que foi rematada no ano 805 e que hoxe conserva un aspecto moi semellante ao daquel momento. Ao edificio orixinal engadíronselle anexos ao longo dos séculos, conxunto que agora forma a Catedral de Aquisgran.
A Capela Palatina de Aquisgrán é prerrománica e ten unha atípica plana octogonal. Está moi decorada con mármores e mosaicos de estilo bizantino e columnas corintias, algunhas delas expoliadas de edificios da época romana.

20 DE XULLO DE 2017   Carlomagno foi un rei que entre os séculos VIII e IX gobernou no que hoxe é Francia, Alemania, Países Baixos e ...

0 comentarios:

Tres cidades flamencas

19 E 20 DE XULLO DE 2017  


Continuando a nosa ruta cara ao norte detivémonos un par de días en Bélxica para pasear polas cidades máis bonitas deste país. Nos seus cascos históricos dominan as construccións de ladrillo e madeira, con pequenas casas de dúas ou tres plantas e centos de anos de antigüidade formando rúas e prazas de todos os tamaños.

19 E 20 DE XULLO DE 2017   Continuando a nosa ruta cara ao norte detivémonos un par de días en Bélxica para pasear polas cidades máis...

0 comentarios:

As primeiras catedrais góticas

17 E 18 DE XULLO DE 2017   

Fachada lateral da catedral de Amiens

Outra cousa pola que paga a pena facer un alto no noso camiño son as grandes catedrais góticas do norte de Francia. É aquí onde a finais do século XII contrúense as primeiras catedrais seguindo este novo estilo arquitectónico, servindo de modelo para que o gótico se extenda por toda Europa. Ademais estas catedrais están en cidades con cascos históricos ben conservados e que son ben diferentes ao que temos cerca da casa.

17 E 18 DE XULLO DE 2017    Fachada lateral da catedral de Amiens Outra cousa pola que paga a pena facer un alto no noso camiño s...

0 comentarios:

Un château do Loira

16 DE XULLO DE 2017  


Durante os meses de verán estaremos viaxando por Noruega. Dado que iremos ata alí en coche, nos esperan longas xornadas conducindo por autoestradas a través de Europa. Moitos lugares de interés turístico quedan de camiño, así que aproveitaremos para achegarnos a algúns deles.
A nosa primeira parada foi na rexión dos castelos do Loira, onde se concentran en poucos quilómetros numerosos châteaux renacentistas, que son pazos ou casas da nobleza que por ser construídos sobre antigos castelos medievais, conservan elementos do seu pasado fortificado.

16 DE XULLO DE 2017   Durante os meses de verán estaremos viaxando por Noruega. Dado que iremos ata alí en coche, nos esperan longas ...

0 comentarios:

Voando en avioneta polas Rías Baixas

3 DE XULLO DE 2017  

Illas Cíes

Regaláronnos un voo turístico en avioneta que nos levou desde o aeroporto de Vigo ata a entrada da ría de Muros. Durante a hora que estivemos no aire sobrevoamos a pouca altura as Rías Baixas, disfrutando dunha excelente vista das illas atlánticas e dos cabos que delimitan as diferentes rías.

3 DE XULLO DE 2017   Illas Cíes Regaláronnos un voo turístico en avioneta que nos levou desde o aeroporto de Vigo ata a entrada da...

0 comentarios: