As primeiras catedrais góticas

17 E 18 DE XULLO DE 2017   

Fachada lateral da catedral de Amiens

Outra cousa pola que paga a pena facer un alto no noso camiño son as grandes catedrais góticas do norte de Francia. É aquí onde a finais do século XII contrúense as primeiras catedrais seguindo este novo estilo arquitectónico, servindo de modelo para que o gótico se extenda por toda Europa. Ademais estas catedrais están en cidades con cascos históricos ben conservados e que son ben diferentes ao que temos cerca da casa.

Comezamos por visitar a Catedral de Chartres, que foi a primeira en integrar todos os elementos principais que definirán o estilo gótico: muros esbeltos con grandes ventanais ocupados por vidrieiras e uso de arbotantes no exterior para transmitir ao chan o peso da cuberta.




Ademais da súa importancia histórica, a Catedral de Chartres ten unhas vidrieiras especialmente interesantes, que se mantiveron prácticamente intactas desde o século XIII e representan escenas relixiosas e do medievo.





Pero a catedral que mais nos impresionou foi a de Amiens, pois o seu interior é un espazo luminoso e moi amplio.




A diferencia da inmensa maioría das catedrais, esta foi construída nun período de tempo moi curto, polo que o seu estilo é moi homoxéneo. Na fachada principal conta con tres pórticos con unha decoración escultorica moi traballada e expresiva.


Portal do Xuízo Final


En Rouen tamén pasamos a ver catedral, pero o que nos motivou a parar aquí foi o casco histórico, con casas de entramado de madeira.





Catedral de Rouen


Igrexa de Saint  Maclou en Rouen

Xusto antes de entrar en Bélxica fixemos unha parada en Lille, cidade moi bonita pero con unha oferta turística orientada as compras con prezos esaxerados.


17 E 18 DE XULLO DE 2017    Fachada lateral da catedral de Amiens Outra cousa pola que paga a pena facer un alto no noso camiño s...

0 comentarios: