As pedras máis coñecidas de Noruega

26 e 27 de xullo de 2017


Unha escea moi repetida pola publicidade de turismo en Noruega mostra xente de pé en rochas colgadas nun precipicio a grande altura sobre un fiordo. As imaxes son reais e a maioría delas están tomadas en dous sitios: Kjeragbolten e Preikestolen, ambos situados no fiordo Lysefjord, no suroeste do país.

O fiordo Lysefjord

Non teñen un acceso fácil, pois é necesario camiñar sobre terreo pedregoso durante varias horas e salvar desniveis importantes. A pesar disto, son moi populares e hai sempre neles moita xente de todas as idades.
A subida a Kjeragbolten sorprende pola forte pendente que hai que remontar sobre granito liso, o que fixo precisa a instalación de cadeas para facilitar tanto a subida como a baixada.


A foto típica neste lugar é bastante efectista, pero na realidade non ten o perigo que parece porque o acceso a rocha é moi sinxelo desde a parte que non sae na imaxe.


Preikestolen - pedra do predicador - é a máis famosa destas vistas. Cando fomos nós, había tanta xente que se fixo incómodo o camiño. Ao chegar alí, hai unha preciosa vista do fiordo desde a enorme plataforma de pedra, aínda que a mellor perspectiva é a que inclúe a ambos desde un pouco máis arriba.



O enclave non debería ser especialmente perigoso, sempre que se teña un mínimo de coidado ao achegarse ao borde do precipicio, e de feito só se sabe de un uńico accidente mortal. Pero o certo é que con tanta xente arredor da medo achegarse porque unha imprudencia ou un tropezo alleo pode ser a causa dunha caída.


Comentarios