Estocolmo e a costa báltica sueca

15, 16 e 17 DE AGOSTO DE 2017   

Plaza Stortorget en Estocolmo

O camiño máis corto para cruzar Escandinavia desde Cabo Norte vai pola costa báltica de Suecia pasando por Estocolmo. Tentamos facer este camiño sen desviarnos moito e evitando os destinos que non nos ian aportar nada diferente ao que levabamos vendo nas última semanas. Como resultado, detivémonos en só dous lugares antes de chegar a Estocolmo.
Primeiro en Höga Kusten - Costa Alta - unha rexión cuxa xeografía está determinada por fenomenos de rebote isostático, consistentes nun proceso de elevación constante do terreo que se ven producindo desde o final da última glaciación. O peso da masa de xeo fixo que a corteza se afundise no manto, e este proceso vaise revertindo pouco a pouco desde que se derretiu o xeo hai uns 10000 anos. Este fenómeno ocorre en todos os lugares que estiveron baixo o xeo, pero nesta rexión de Suecia os efectos son moi marcados e fáciles de ver.


Actualmente o terreo continúa elevándose 1 cm cada ano e a antigua linea de costa está a 300 m sobre o nivel do mar. Algúns elementos costeiros como grandes praias de cantos rodados están agora moi por riba do mar.


Moi preto de Estocolmo atópase a vila de Sigtuna, a máis antiga de Suecia. Pouco máis ten que unha rúa de casas de madeira, un par de igrexas en ruinas e varias estelas con inscricións rúnicas medievais de cando os vikingos xa se convertiran ao cristianismo.


Estela con inscricións rúnicas

Estocolmo fundouse no século XIII para protexer a Sigtuna de ataques estranxeiros, pero pronto se convertiu na cidade máis grande de Suecia e na súa capital. A cidade aséntase en 14 illas, moi próximas entre sí e conectadas por medio centenar de pontes. Pasamos un día de paseo polas súas rúas, bordeamos a costa e subimos á torre do concello, que ten a mellor vista da cidade.





ETIQUETAS:

15, 16 e 17 DE AGOSTO DE 2017    Plaza Stortorget en Estocolmo O camiño máis corto para cruzar Escandinavia desde Cabo Norte vai pol...

0 comentarios: