Lofoten e Vesterålen, arquipélagos árticos

7, 8 E 9 DE AGOSTO DE 2017  


Logo de 4 horas de ferri chegamos ao arquipélago de Lofoten, un conxunto de illas montañosas conectadas entre si por pontes e túneis. Tradicionalmente os seus habitantes adicábanse á pesca e secado do bacallau, aínda que o descenso de capturas e o aumento do turismo están reducindo a importancia relativa desta actividade.
Aquí son típicos os pobos con rorbuer, casas de madeira pintadas de vermello que, para facilitar as labores cotiáns dos mariñeiros, se construían pegadas ao mar ou sobre el. Moitas delas son agora aloxamentos, restaurantes ou incluso museos sobre a pesca do bacallau.

A vila mariñeira de Å 



Con ceos despexados as illas son ben bonitas, pero nós non tivemos tanta sorte e tocáronos un par de días malos, típicos do verán ártico, semellantes ao noso inverno, con algún claro para salvar as vistas e as fotos.





Ao norte das illas Lofoten, e unido a elas e ao continente por pontes, hai outro arquipélago, o de Vesterålen, no que a abundancia de arenques e calamares fai que nas súas augas habiten varios tipos de baleas e outros mamíferos mariños. Desde o pobo de Andenes fixemos unha excursión en lancha para tratar de avistar algún destes animais, que se poden localizar desde lonxe grazas o chorro de auga que expulsan.



Atopámonos cun grupo de calderóns, que según nos contaron os guías non é unha especie que acostume chegar tan ao norte por ser propia de augas máis cálidas. Tamén puidemos observar con calma tres cachalotes duns 15 m de lonxitude mentres descansaban na superficie, resoplando cada pouco tempo, antes de que se sumerxiran en busca de comida.





ETIQUETAS:

7, 8 E 9 DE AGOSTO DE 2017   Logo de 4 horas de ferri chegamos ao arquipélago de Lofoten, un conxunto de illas montañosas conectadas ...

0 comentarios: