Os petróglifos de Alta e Cabo Norte

12 E 13 DE AGOSTO DE 2017  


A localidade de Alta acolle un dos mellores conxuntos de petróglifos do mundo. Sobre a superficie rochosa pulida polos glaciares foron gravadas miles de figuras cunha antigüidade entre 2000 e 7000 anos. As sociedades cazadoras-recolectoras que vivían nesta rexión representaron humanos en esceas de caza e pesca, e animais como renos, alces, osos e peixes. Cando foron descubertos nos anos 70 moitos se pintaron de vermello para facilitar a súa contemplación, pero os descubertos posteriormente se deixaron ao natural.

Neste panel vese un cercado utilizado para cazar 



Os gravados que non están marcados son máis difíciles de ver, pois fai falta unha luz moi rasante para que resalte ben as siluetas, pero nun día nubrado ou co sol alto esas siluetas quedan camufladas na rocha. Pero coa axuda do caderno de campo que entregan ao mercar a entrada acabamos distinguindo a maioría das figuras. A diferencia dos petróglifos galegos, máis abstractos e nos que o seu significado non se pode coñecer, as representacións de Alta son na súa maioría bastante sinxelas de comprender e parecen reflexar os aspectos máis salientables da vida dos seus autores e a súa interacción co medio natural.



Continuamos a nosa viaxe cara o norte, atravesando unha paisaxe de montañas nevadas sen rastro de vexetación, grandes fiordos, páramos xélidos e aldeas remotas, unha paisaxe inhóspita pero de enorme beleza.



Aquí é habitual atoparse con manadas de renos que pastan libremente e moitas veces invaden a estrada, aínda que son animais domesticados polos habitantes lapóns desta zona.


Reno albino

E logo de 8300 km percorridos desde a nosa casa, chegamos ao Nordkapp ou Cabo Norte, punto máis lonxano da nosa viaxe. Situado a unha latitude de 71°10′21″N, en realidade non é o punto máis ao norte de Europa, senón o lugar máis ao norte ao que se pode ir en coche. Moi cerca de aquí está Knivskjellodden, un cabo aínda máis septentrional ao que se chega logo de camiñar 9 km, pero non fumos porque o ceo estaba moi escuro e soplaba con forza un frío vendaval. Logo de pagar una entrada bastante cara accedimos ao lugar que por si mesmo non ten maior interese que o de poder dicir "chegamos ata aquí".


Cabo Norte e á esquerda Knivskjellodden
ETIQUETAS:

12 E 13 DE AGOSTO DE 2017   A localidade de Alta acolle un dos mellores conxuntos de petróglifos do mundo. Sobre a superficie rocho...

0 comentarios: