Un barrio de mercaderes en Bergen

29 de xullo de 2017


Bergen é na actualidade a segunda cidade máis grande de Noruega, pero nos séculos XII e XIII foi capital do país e durante moito tempo o núcleo comercial mais importante de Escandinavia. Era unha das principais sedes da Liga Hanseática, unha poderosa federación de cidades alemanas que dominou o comercio no norte de Europa nos séculos XIV e XV. Ao abrigo desta Liga, en Bergen asentouse unha comunidade de alemáns que vivían nun barrio separado de casas-almacéns de madeira. Desde alí exportaban bacallau seco cara Europa, producto para o que a Hansa tiña monopolio de comercio, e importaban cereal.


As casas que se poden ver hoxe son do século XVIII, pois as orixinais foron destruidas por un incendio en 1702, pero as rúas conservan o antigo trazado. Tanto o pavimento como os edificios son de madeira, e hai escaleiras, rampas e grúas que permiten o movemento de persoas e mercancías entre os diferentes pisos que ten cada edificio.






En particular, hai rúas elevadas e cubertas que conectan entre sí varios almacéns.



Este barrio histórico de Bergen, coñecido como Bryggen - embarcadeiro en noruego -, está declarado patrimonio da humanidade.

Comentarios