Un día en Copenhague

22 DE XULLO DE 2017  


Seguindo a nosa ruta cara o norte tiñamos que cruzar Dinamarca e como quedaba de camiño, adicamos un día para coñecer Copenhague. É unha cidade agradable, tranquila e ben coidada, con grandes prazas e parques, e moita xente desprazándose en bicicleta. A arquitectura contemporánea convive harmónicamente cos moitos edificios históricos que alberga a cidade, e a oferta turística orientase a actividades culturais e de lecer, como museos, restaurantes, exposicións, concertos, etc.





Ademais de pasear por rúas e parques, nós visitamos a maior biblioteca de Dinamarca, que é a unión da antiga Biblioteca Real de 1909 e o novo edificio de 1999.



Tamen vimos a Rundetarn, unha torre observatorio do século XVII que, dos observatorios que aínda se usan, é o segundo mais antigo de Europa. Ascéndese a ela por unha ampla rampa helicoidal pensada para subir a cabalo.


O monumento de máis fama e probablemente o máis visitado é a pequena estatua da "Sirenita", regalada á cidade en 1909 polo propietario da cervexa Calsberg , e que a pesar de ser unha obra bonita non merece tanta atención.


Rematamos a visita no cemiterio de Assistens, onde están as tumbas de ilustres daneses como o escritor Hans Christian Andersen, o filósofo Kierkegaard ou Niels Bohr, un dos grandes físicos da mecánica cuántica.

Tumba de Niels Bohr

22 DE XULLO DE 2017   Seguindo a nosa ruta cara o norte tiñamos que cruzar Dinamarca e como quedaba de camiño, adicamos un día para c...

0 comentarios: