Pazos e mezquitas de Marrakesh

27 E 28 DE DECEMBRO DE 2017  


Marrakesh foi fundada polos almorávides en 1062 na cara atlántica da cordilleira do Atlas, un lugar estratéxico para controlar as caravanas de camellos que comerciaban entre o Magreb e a África subsahariana. Construíron murallas, xardíns, mezquitas e pazos, pero 80 anos despois outra tribu bereber, os almohades, conquistaron a cidade e só deixaron en pé as murallas.



Sen embargo, enseguida superaron aos seus predecesores reconstruíndo a cidade con maior esplendor arquitectónico, facendo dela ademais un foco cultural do mundo islámico. Consérvase desta época a mezquita Kutubía e o seu minarete, un dos símbolos da cidade. O seu parecido coa Giralda de Sevilla non é casual, pois os almohades tamén dominaron Al-Andalus e os mellores mestres e artesáns traballaban en todas as rexións do imperio.


Pero logo dun século de dominio, os almohades sufriron importantes derrotas e rebelións, tanto na Península Ibérica como en Marrocos, dando paso á dinastía dos Benimerines, que trasladaron a capital a Fez e sumiron a Marrakesh nun periodo de decadencia que durou tres séculos.
En 1549 a cidade recuperou a capitalidade coa dinastía Saadí, que fixo dela unha vez máis unha cidade de referencia no mundo islámico. Embeleceron e restauraron edificios antigos e edificaron novos e luxosos pazos sen escatimar gastos. O mausoleo dos príncipes saadíes é unha boa mostra da riqueza, o gusto e o poder desta dinastía.

Mausoleo dos príncipes saadíes

Mezquita das mazás de ouro, reconstruida polos saadíes

Unha importante comunidade xudea foi acollida no barrio coñecido como mellah e contaba con sinagogas e un cemiterio propio.


A dinastía alauita, á que pertence o actual soberano de Marrocos, tomou o control en 1669 e estableceu a capital en Mequinez, pero desta vez Marrakesh continuou desenvolvéndose cultural e económicamente. A finais do século XIX aínda se construían pazos con abigarrada ornamentación clásica, con paredes e columnas recubertas de mosaicos, artesonados e filigranas e grafías de xeso.

Museo de Marrakesh, nun pazo do século XIX

Museo de Marrakesh

Patio central do museo de Marrakesh

Pazo da Bahía, do século XIX

Pazo da Bahía

Pazo da Bahía

Pazo da Bahía

A principios do século XX Marrocos quedou baixo o protectorado francés, e numerosos artistas e intelectuais europeos comezaron a instalarse na cidade. Unha mostra desta época son os xardíns creados polo pintor Jacques Majorelle e restaurados nos anos 80 por Yves Saint Laurent.





ETIQUETAS:

27 E 28 DE DECEMBRO DE 2017   Marrakesh foi fundada polos almorávides en 1062 na cara atlántica da cordilleira do Atlas, un lugar es...

0 comentarios: