A milenaria Fez

3 DE XANEIRO DE 2018  


No século VIII Fez era un pequeno asentamento bereber que comezou a medrar coa chegada de 800 familias expulsadas de Al-Andalus despois dunha rebelión fallida contra os Omeyas de Córdoba. Uns anos máis tarde chegaron outros refuxiados procedentes de Túnez que tamén se asentaron no lugar. A cidade converteuse nun centro comercial importante e cara 1170 era a máis grande do mundo con 200000 habitantes. Nos séculos XIII e XIV, coa dinastía dos Merinides, chegou a ser capital do seu imperio e disfrutou dunha época de esplendor na que se construíron pazos, mezquitas e  varias madrasas.
Unha madrasa é unha escola onde se estuda o Corán e a relixión islámica e tamén exerce de residencia de estudantes. Fez gañou así prestixio intelectual e recibía estudantes de moitos lugares do mundo. As madrasas Bou Inania e Attarine, ambas do século XIV, comparten moitas semellanzas: organizadas arredor dun patio, con sala de oración e dormitorios para os estudantes e unha rica ornamentación con mosaicos cerámicos, frisos, celosías e outros elementos feitos en escaiola e madeira. Ambos edificios son moi bonitos, e coma tivemos a sorte de velos case en solitario, sentimos a armonía e a tranquilidade que os seus arquitectos pretendían transmitir.

Madrasa Bou Inania

Madrasa Bou Inania

Madrasa Bou Inania

Madrasa Bou Inania

Madrasa Attarine

Madrasa Attarine

Madrasa Attarine

Madrasa Attarine

A medina - cidade antiga - de Fez non é moi diferente á das outras cidades do país. Co típico trazado laberíntico de rúas estreitas e con comercios e negocios agrupados por gremios, presume de ser a medina máis grande do mundo.

Porta Bab Bou Jeloud, entrada á medina


Praza Nejjarine

Plaza Seffarine


Fez é famosa desde a Idade Media pola súa industria de artículos de pel (marroquinería) e o procedimento de traballo apenas cambiou desde aquela. Hai varias curtidurías nas que as peles de vaca, ovella ou camelo son deixadas a remollo durante varios días nunha mistura de cal e excrementos de paloma para que abranden, e despois se trasladan a outras cubetas onde se tinguen de diversas cores. Unha vez tinguidas e secadas, as peles véndense aos artesáns para que fabriquen bolsos, cintos, carteiras, calzado, etc.




Rematamos o día cun paseo polo barrio xudeo ou mellah, no que as vivendas teñen balcóns cara a rúa, en marcado contraste coas casas dos musulmáns que se abren sempre cara un patio interior.


O noso hotel en Fez, Riad Al Makan,  é un bo exemplo da estructura dunha casa palaciega musulmana: o exterior carece de toda ornamentación, pero o interior articulado arredor de un ou varios patios está decorado de forma exquisita con todo tipo de detalles.



ETIQUETAS:

3 DE XANEIRO DE 2018   No século VIII Fez era un pequeno asentamento bereber que comezou a medrar coa chegada de 800 familias expuls...

0 comentarios: