Azul Chefchaouen

5 DE XANEIRO DE 2018  


Nun momento do século XV no que portugueses e españois tentaban tomar o control do norte africano, o Mulay Ali ben Rashid funda Chefchauen - tamén chamada Chauen ou Xauen - para defenderse mellor destes ataques. Esta pequena vila está situada nas montañas do Rif, unha cadea montañosa do norte marroquí cercana ao Mediterráneo.



Chefchauen recibeu varias oleadas de refuxiados musulmáns e xudeus procedentes de al-Ándalus tras a conquista de Granada. De ahí que o aspecto das rúas e casas garde semellanza cos pobos andaluces.




Durante moitos séculos a cidade foi un importante lugar santo e os cristiáns tiñan prohibida a entrada baixo pena de morte. En 1920, tras o tratado de Algeciras que repartía o actual reino marroquí entre España e Francia, os españois tomaron Chefchauen e atoparon que os xudeus sefardíes todavía falaban castelán medieval. Continuou baixo o poder español ata 1956, ano da independencia marroquí.
O máis característico da cidade antiga de Chefchauen é a omnipresente cor azul coa que se pintan e encalan casas, portas, escaleiras e parte do pavimento. Non deixa de resultar curioso como unha característica aparentemente trivial como unha cor uniforme acaba sendo un grande atractivo para o turismo.







  


ETIQUETAS:

5 DE XANEIRO DE 2018   Nun momento do século XV no que portugueses e españois tentaban tomar o control do norte africano, o Mulay Al...

0 comentarios: