De Ouarzazate ás gargantas do Dades

 31 DE DECEMBRO DE 2017  


A kasbah Taourirt, no centro de Ouarzazate, pertenceu, ao igual que a de Telouet, ao poderoso Glaoui, señor do sur de Marrocos durante a época do protectorado. O seu interior non conserva moita ornamentación pero impresiona polo seu tamaño e distribución laberíntica, con 300 habitacións das cales só unha parte son visitables. Non hai escaleira nin corredor principal que organice o edificio, senón pasadizos e escaleiras secundarias que conducen a espacios situados a diferentes niveis. Foi para nós un pequeno desafío pasar por todas as estancias sen deixar ningunha sen visitar, pero ao final lográmolo.



Deixamos Ouarzazate atrás para desplazarnos ata Skoura, onde hai unha gran concentración de kasbahs entre as que destaca a de Amridil, construida no século XVII. Organízase arredor dun patio central, conta con varias plantas, terraza e pequenas torres nas esquinas moi decoradas. Sería moi semellante a un castelo europeo, salvo por ter adosadas outras dúas kasbahs ao norte e ao sur, ademais de estar construida en adobe.





Mostrario de obxectos tradicionais na kasbah de Amridil



Ademais das kasbahs e os ksur, tamén son moi característicos da arquitectura de barro desta rexión os chamados morabitos, pequenos edificios cunha cúpula cónica onde se venera a un santo. Esta práctica relixiosa só ten presencia no Magreb, pois no resto do islam non se tolera o culto a persoas pías.

Morabito de Skoura

Pola tarde adentrámonos nas gargantas do río Dades, facendo varios kilómetros pola estrada a través dunha paisaxe vermella interrumpida polo verde da vexetación do fondo do río.




ETIQUETAS:

 31 DE DECEMBRO DE 2017   A kasbah Taourirt, no centro de Ouarzazate, pertenceu, ao igual que a de Telouet, ao poderoso Glaoui, señor...

0 comentarios: