Meknès e Volubilis

4 DE XANEIRO DE 2018  


Meknès (en español Mequinez) é unha das catro cidades imperiais de Marrocos xunto con Marraquesh, Fez e Rabat, chamadas así por ter sido capitais do país nalgún momento da historia. Foi o sanguento sultán Mulay Ismail o que trasladou a capital de Fez a Meknès en 1672 para volver a Fez en 1727 tras a morte deste gobernante.
Mandou construir unha enorme muralla que rodea a cidade dotada de varias portas monumentais e un enorme palacio con cuadras para 20000 cabalos.

Bab Mansour

Pasamos a mañán paseando pola medina de Meknès, máis tranquila que as de Marrakesh ou Fez, e entramos na preciosa madrasa Bou Inania, que comparte nome coa de Fez por ter sido ambas construídas polo mesmo sultán meriní Abu Inan no século XIV.




Rúa cuberta no zoco de Meknès

Pola tarde achegámonos a Volubilis, unha cidade incorporada ao Imperio Romano no século I da que só quedan algunhas ruinas. Nos séculos II e III converteuse nunha das principais cidades da Mauritania - nome dado polos romanos ao norte de África - grazas ao comercio con trigo, aceite e animais salvaxes para os circos, momento no que se dota de grandes edificios monumentais. A cidade tivo unha lenta decadencia que comezou a finais do século III cando foi abandonada polos romanos, e continúa ata que no século XVIII Mulay Ismail a desmantelou para usar os materiais no seu palacio en Meknès.

Templo de Xúpiter capitolino


Basílica




ETIQUETAS:

4 DE XANEIRO DE 2018   Meknès (en español Mequinez) é unha das catro cidades imperiais de Marrocos xunto con Marraquesh, Fez e Rabat, ...

0 comentarios: