Castelos de Transilvania

26 E 27 DE XULLO DE 2018  


Este verán viñemos a Romanía, un lugar pouco popular como destino turístico pero que esconde mais de un tesouro nas súas vilas e bosques. Sorprendeunos atoparnos nun país moderno, cun estilo de vida semellante ao noso, que ten os centros urbanos coidados e con moita vida comercial e social, que expoñen con orgullo o seu patrimonio histórico e natural. Evidentemente hai diferencias entre nós e eles, pero esperábamos que fosen moito mais acusadas do que estamos observando.
Tras aterrar en Bucarest recollimos un coche de aluguer no aeroporto e trasladámonos a Transilvania, unha das rexións históricas que compoñen este país. Esta rexión, situada a cabalo entre occidente e oriente, viviu épocas convulsas ao longo da historia e sofreu ataques e invasións de moitos pobos, como os mongoles ou o imperio otomano. A construcción de numerosos castelos e fortalezas foron a única resposta posible para sobrevivir nesta situación, e moitos destes edificios conservanse aínda en moi bo estado.
Por exemplo, a ciudadela fortificada de Rasnov foi fundada polos cabaleiros teutónicos no século XIII, que viñeron parar aquí tras a perda da Terra Santa.



Estes mesmos cabaleiros edificaron o castelo de Bran, que se convertiu nunha das principais atracción turísticas de Romanía, en gran parte debido á inventada vinculación co conde Drácula. É sabido que esta personaxe de ficción creada por Bram Stoker está inspirada na figura histórica do cruel Vlad Tepes, que foi conde de Transilvania no século XV. Dise que o castelo foi a residencia de Vlad, pero isto é falso; tamén se di que Bram Stoker se inspirou nesta fortaleza para describir o castelo de Drácula, pero non hai probas que avalen esta afirmación. A pesares do mito, o castelo de Bran é espectacular polo seu emprazamento no alto dun peñasco, rodeado de bosque e cos seus torreóns saíndo entre as árbores.




De época moi posterior é o castelo de Peles, construído como residencia para o primeiro rei de Romanía a finais do século XIX. O interior é luxoso e con unha decoración exquisita e de inspiración variada, como salóns de estilo morisco, sobrios despachos de madeira e un teatro de uso privado.



O friso do teatro foi pintado por Gustave Klimt


Salón turco

Sala de música

ETIQUETAS:

26 E 27 DE XULLO DE 2018   Este verán viñemos a Romanía, un lugar pouco popular como destino turístico pero que esconde mais de un ...

0 comentarios: