Medievo e moito máis na provincia de Burgos

DE 12 A 15 DE XULLO DE 2018  


Desprazámonos a Burgos para asistir a Naukas Evolución 2018, un evento de divulgación científica no que participaron algúns dos mais recoñecidos investigadores no ámbito da evolución humana, e aproveitamos a ocasión para percorrer un pouco a provincia nos días anteriores ás conferencias.

Catedral de Burgos

Achegámonos a diferentes pobos burgaleses, apartados de grandes núcleos de poboación, rodeados de campos, bosques e ríos, visitando mosteiros e igrexas, castelos e pazos, rúas e prazas. Nestes lugares e nesta época do ano a presencia turística é escasa, e é reconfortante ver as terrazas e cafés ocupados polos habitantes do lugar. Cegoñas, voitres, avións e anduriñas acompañaronnos en todas as xornadas.




Ao sur da provincia atopamos a comarca do río Arlanza, que foi fronteira con Al-Andalus no século X, momento no que se construiron numerosas fortalezas que sobreviviron ata hoxe. A medida que os cristiáns foron conquistando novos territorios a fronteira desprazouse ata o Douro, e xentes vidas do norte peninsular e mozárabes repoboaron a zona. A comarca de Arlanza foi o núcleo do Condado de Castela, que no inicio pertencía ao reino de León e do que se independizaría posteriormente.

Lerma
Vilas e pobos, entre os que destacan Lerma, Covarrubias e Silos, conservan vestixios do período medieval e dos séculos posteriores. Lerma é a actual capital económica da comarca e no pasado medrou á sombra do poderoso duque que gobernou o país en nome do rei Felipe III. Moi cerca de Lerma, en Quintanilla de las Viñas, están os restos da igrexa visigótica de Santa María, que se estima que foi construida nos séculos VII ou VIII, e polo tanto é un dos edificios cristiáns mais antigos da península.

Restos da Igrexa de Santa María

Animais exóticos adornan o friso superior

Arco de ferradura na Igrexa de Santa María

Maquetas que representan o estado actual e o orixinal da igrexa
De camiño a esta ermita atopamos un panel turístico sinalando un xacemento de icnitas, que son pegadas fosilizadas de animais, neste caso de dinosaurios. Este xacemento forma parte dun enorme conxunto con mais de 800 pegadas, que está sendo escavado, estudado e posto en valor. Ten pegadas de saurópodos (vexetarianos cuadrúpedos de grandes dimensións) e terópodos (dinosaurios carnívoros) que camiñaron por aquí hai 144 millóns de anos.


En Covarrubias conservan un importante casco histórico con casas tradicionais co entramado de madeira e soportais sostidos con columnas de madeira ou pedra, sendo as mais antigas do século XV.



O monumento histórico mais destacado da comarca é o Claustro do Mosteiro de Silos (do século X) con bonitos relevos en pedra sobre a vida de Cristo.


O incrédulo Tomás mete o dedo na chaga
En diferentes puntos da provincia se poden ver castelos na cima de peñascos, como o de Peñaranda de Duero, ou o de Frías, encaramado xunto coa vila nun risco do que tamén penden casas colgantes.

Peñaranda de Duero desde o castelo

Peñaranda de Duero

Peñaranda de Duero

Tres estatuas romanas adornan a fachada da igrexa de Peñaranda

Frías

Casas colgantes en Frías

Frías visto desde o castelo

Frías

Frías 

ETIQUETAS:

DE 12 A 15 DE XULLO DE 2018   Desprazámonos a Burgos para asistir a Naukas Evolución 2018, un evento de divulgación científica no que ...

0 comentarios: