Bucarest, unha cidade ferida

14 DE AGOSTO DE 2018


Nicolae Ceaucescu gobernou Rumania desde 1967 ata a súa execución en 1989, e o país quedou marcado polas accións brutais e represivas do seu rexime. A política económica foi un desastre, e a abultada débeda externa pagouse coa exportación dos alimentos e bens básicos, mentras a poboación padecía racionamentos, frío e fame. A ubicua policía secreta impedía calquer asomo de crítica ou disidencia, e o catálogo de crimes que perpetrou a sitúa entre as mais brutais do mundo.
A megalomanía do dictador deixou tamén unha pegada irreparable na trama urbana de Bucarest, pois a principios dos anos 80 demoleu a parte máis importante do casco histórico para construir grandes avenidas e unha mastodóntica sede do Parlamento.

Palacio do Parlamento

A maioría das igrexas foron demolidas e unhas poucas foron trasladadas sobre raíles a outros lugares. Agora Bucarest é unha cidade sen interese, e as terrazas invaden sen control aparente os mellores espazos que aínda quedan no casco vello.

Igrexa trasladada desde o seu emprazamento orixinal






Deixamos Rumanía e levamos moi boa impresión deste país, que ofrece moito a quen veña a visitalo e carece dunha promoción no exterior que lle faga xustiza. Limos nalgún sitio que Rumanía é o segredo turístico mellor gardado de Europa, e consideramos que é acertado.
ETIQUETAS:

14 DE AGOSTO DE 2018 Nicolae Ceaucescu gobernou Rumania desde 1967 ata a súa execución en 1989, e o país quedou marcado polas accións...

0 comentarios: