Os mosteiros pintados de Bucovina

2 E 3 DE AGOSTO DE 2018 


 No noreste de Romanía sitúase Bucovina, rexión histórica que pertence a Moldavia e fai fronteira con Ucraína. É unha rexión rural, sen grandes centros urbanos, e son necesarias varias horas por estradas de montaña para chegar a ela desde Transilvania. A paisaxe é montañosa, moi verde, e moitos dos seus habitantes adícanse a agricultura e gandería tradicional, así como á extracción de madeira dos frondosos bosques.






O principal atractivo que a rexión ofrece aos viaxeiros son os mosteiros pintados do século XV e XVI. Como xa relatamos, esta rexión estaba baixo a constante ameaza dos turcos otomanos (musulmáns) e nesa época tamén estaban presionados polo reino de Polonia (católicos). O príncipe moldavo Esteban o Grande, para dar cohesión ao seu pobo, entendeu que era importante reforzar a identidade relixiosa dos seus habitantes (cristiáns ortodoxos), para o que promoveu a construcción de moitos mosteiros.

Mosteiro de Sucevita

Mosteiro de Moldovita

Mosteiro de Moldovita

Pouco despois as igrexas destes mosteiros foron cubertas de frescos tanto no seu interior como no exterior. O obxectivo destas pinturas era explicar a relixión ortodoxa aos campesiños analfabetos. Os temas representados repítense bastante e abranguen desde grandes paneis co xuizo final ata a vida de diferentes santos locais narrada en viñetas con esceas explícitas dos martirios sufridos.

Mosteiro de Voronet

Xuízo final no mosteiro de Voronet

Martirio de San Xoán o Novo de Suceava. Mosteiro de Voronet.

Escaleira ao ceo. Mosteiro de Sucevita.

Asedio de Constantinopla. Mosteiro de Moldovita.

Sorprendentemente, a maioría das pinturas do exterior están en bo estado, a pesar de levar 5 séculos á intemperie, polo que foron merecidamente recoñecidas como Patrimonio da Humanidade. No interior destas igrexas, salvo nunha, non se poden sacar fotos, supoñemos que para priorizar o uso relixioso do edificio sobre o uso turístico.

Detalle do Xuízo final. Mosteiro de Voronet.

Detalle do Xuízo final. Mosteiro de Voronet.

Detalle do Xuízo final. Mosteiro de Voronet.

Detalle do Xuízo final. Mosteiro de Voronet.

Detalle do Xuízo final no mosteiro de Voronet. Moisés guía aos turcos ao inferno.

Interior da igrexa de Arbore

Iconostasio na igrexa de Arbore

Árbol de Xesé. Mosteiro de Sucevita.
ETIQUETAS:

2 E 3 DE AGOSTO DE 2018   No noreste de Romanía sitúase Bucovina, rexión histórica que pertence a Moldavia e fai fronteira con Ucra...

0 comentarios: