De museos en Londres

3, 4, 5, 6 e 7 DE XANEIRO DE 2019  


Hai dez anos rematamos en Londres unha viaxe na que percorrimos Gran Bretaña en coche durante varias semanas. Naquel momento esta grande urbe non nos gustou demasiado, a diferencia do resto do país que nos parecera fantástico, aínda que deixaronnos abraiados os dous principais museos de Londres, o Museo Británico e o Museo de Historia Natural. Quedamos con ganas de ver ambos museos con máis calma, pois a variedade e amplitude dos fondos expostos desfrútanse máis dispoñendo de tempo.
Así que con esa idea voltamos agora a esta cidade, e pasamos cinco frías xornadas de xaneiro aproveitando ademais para pasear polos seus barrios e mercados nun momento con pouca afluencia turística.

Pista de patinaxe sobre xeo


Catedral de San Pablo

A cidade é enorme, e moitos destes lugares están distanciados entre sí, polo que os desprazamentos en metro fanse imprescindibles. Diferentes grupos de torres de aceiro e cristal destacan sobre o horizonte, aínda que en realidade están insertadas nunha trama urbana máis antiga que se conserva bastante ben.




Vista desde a Tate Modern

A visita ao Sky Garden, situado na cima dun destes rañaceos, é gratuíta - pero hai que reservar a entrada - e ofrece unhas vistas estupendas da cidade á beira do Támesis.




Neste barrio da City sitúase The Tower Bridge, unha ponte levadiza de finais do século XIX que é unha das imaxes inconfundibles da cidade.



Outra das figuras icónicas, o Big Ben, estaba rodeado de andamiaxes pero atopámonos cunha sorprendente réplica contruída con pezas de Lego.




Numerosos mercados se reparten polos diferentes barrios da cidade, cada un con características propias que se manifestan na arquitectura e nos productos e servizos que se ofrecen. Algúns aproveitan o espazo debaixo das vias do tren; outros son elegantes galerías comerciais do século XIX e outros son postos na rúa como as feiras que temos aquí.

Mercado de Leadenhall

O mercado de Camdem instalouse nuns antigos e enormes establos que surtían os cabalos encargados de mover as barcazas de transporte da canle de Regent's. Ademais de roupa, artesanía e antigüidades, hai postos de comida típica de diferentes partes do mundo, que son un reflexo da variedade étnica e cultural presente en todas as rúas londinenses.



Do pouco que probamos nós, quedamos encantados cunhas crepes e bolos de pan que comimos en Chinatown, un pequeno barrio onde habita parte da comunidade chinesa de Londres.


O barrio de Shoreditch ofrece como atractivo a actividade de artistas de rúa que graffitean con xeito nas súas paredes.

Graffiti de Banksy protexido por un cristal



Adicamos moitas horas desta viaxe aos dous museos dos que xa falamos. Como a maioría dos museos da cidade, estes tamén son gratuítos, pero ademais ofrecen certas comodidades para os visitantes que fan a xornada mais levadeira para corpo e mente, algo pouco frecuente neste tipo de institucións. Está permitido levar comida propia e andar con mochila, hai bancos para descansar ou observar algunhas obras; as explicacións son adecuadas en cantidade e calidade - só en inglés - e as obras expostas están moi ben escollidas.
O British Museum é un museo arqueolóxico que acolle pezas de todo o mundo e de todas as épocas históricas. A maioría obtiveronse durante os séculos XVIII e XIX de formas que hoxe non se consideran aceptables, e sobre as obras máis importantes hai un conflicto permanente con países que as reclaman como propias. O que máis disfrutamos foron as coleccións das culturas antigas de oriente medio.





No Natural History Museum coincidimos con moitas familias con nenos que acuden a ver os fabulosos exemplares de rochas, fósiles, maquetas e instalacións que explican a historia da natureza na Terra. A nós gustounos especialmente a colección de fósiles de reptiles mariños extraidos na súa maior parte por Mary Anning, pioneira da paleontoloxía na Inglaterra do século XIX.


ETIQUETAS:

3, 4, 5, 6 e 7 DE XANEIRO DE 2019   Hai dez anos rematamos en Londres unha viaxe na que percorrimos Gran Bretaña en coche durante var...

0 comentarios: