Mljet, a illa verde e azul

19 DE ABRIL DE 2019  


Mljet é unha illa do sur de Croacia de costa recortada, pouca poboación e cuberta dun espeso bosque mediterráneo con moita diversidade. Ten un puñado de aldeas costeiras, un par de pobos, algunha ruina romana e un parque nacional no norte da illa que protexe o bosque, a costa e os fondos marinos.



Os visitantes do parque pasean arredor de Malo Jezero e Veliko Jezero - lago pequeno e lago grande - que son dous lagos de auga salgada conectados ao mar por unha canle natural.

Canle natural que une o lago grande co mar

En Veliko Jezero hai unha minúscula illa cun mosteiro do século XIII, hoxe adicado a hostelería. Foron os monxes quenes, para acabar coa malaria, construiron a estreita canle que comunica o lago grande co pequeno, pois este último era un lago interior de augas estancadas.

Illa e mosteiro de Sveta Marija


Durante o noso paseo subimos a Montokuc - cima do parque -, circunvalamos os dous lagos, avistamos dúas especies de lagartixas e varias orquídeas e outras flores, e visitamos a illa de Sveta Marija (Santa María).

Vista do lago grande e a illa desde Montokuc

Lagartixa de gorxa azul (Algyroides nigropunctatus)

Lagartixa de fuciño afiado (Dalmatolacerta oxycephala)


Orchis italica

Ciclamen de primavera (Cyclamen repandum)

ETIQUETAS:

19 DE ABRIL DE 2019   Mljet é unha illa do sur de Croacia de costa recortada, pouca poboación e cuberta dun espeso bosque mediterráne...

0 comentarios: