O Parque Nacional de Krka e as cidades dálmatas de Šibenik e Trogir

15 DE ABRIL DE 2019  


A Dalmacia é unha estreita franxa do territorio de Croacia bañada polo Adriático, que ademais separa a Bosnia-Herzegovina do mar. O terreo é montañoso e o litoral recortado, con moitas illas e portos naturais e unha vexetación máis variada e exhuberante do que un pode esperar do seu clima mediterráneo.
A nosa xornada comezou no parque nacional de Krka, establecido para protexer unha paisaxe de fervenzas semellantes ás de Plitvice, aínda que de tamaño e espectacularidade máis modestas. Un curto percorrido por pasarelas permite aprecialas de cerca.




Mosteiro de Visovac, situado tamén no Parque Nacional de Krka

Pola tarde continuamos o noso camiño cara o sur, visitando as cidades costeiras de Šibenik e Trogir e parando de cando en vez nos numerosos miradoiros con vistas ao Adriático.
A rocha dominante na Dalmacia é unha caliza branca que lle dá un aspecto moi luminoso aos cascos históricos dos seus pobos, pois os edificios, muros e pavimentos foron construídos con esta pedra.

Principal praza de Šibenik

Principal praza de Šibenik

Catedral de Šibenik

Retratos de cidadáns do século XV na catedral de Šibenik

A Dalmacia foi unha provincia romana que tras a caída do imperio foi ocupada por pobos eslavos. A partir do século XI, a rexión quedou baixo o control da poderosa república de Venecia ata finais do século XVIII, cando o imperio Austro-Húngaro impuxo o seu dominio que rematou coa 1ª Guerra Mundial. Este longo dominio veneciano explica o marcado aspecto italiano das cidades da costa adriática.

Unha praza de Trogir

Rúa de Trogir

Paseo marítimo de Trogir

ETIQUETAS:

15 DE ABRIL DE 2019   A Dalmacia é unha estreita franxa do territorio de Croacia bañada polo Adriático, que ademais separa a Bosnia-...

0 comentarios: