Dubrovnik, a antiga república comercial

20 E 21 DE ABRIL DE 2019  


Dubrovnik é unha pequena cidade situada no extremo sur de Croacia, onde o país non é máis que unha estreita franxa de terreo que linda con Montenegro e Bosnia-Herzegovina. O casco antigo está rodeado por unha impoñente muralla, que lle da sona internacional e que recibe a máis de un millón de visitantes anuais.



Desde 1979 está na lista do Patrimonio Mundial da Humanidade, o que non impediu que a cidade fose asediada e bombardeada en 1991 por forzas serbias e montenegrinas. Tras as oportunas restauracións e a finalización das guerras, recuperou o seu papel de grande destino turístico no Mediterráneo.





A súa historia, vinculada ao comercio marítimo, iniciase cando se fortifica a pequena península de Ragusa, e alcanza o seu máximo esplendor entre os séculos XV e XVII. A pesares de estar rodeada de poderosos veciños - A República veneciana e o Imperio Otomano - conservou sempre a súa independencia grazas a unha astuta diplomacia. A República de Ragusa era un dos portos comerciais máis importantes do Mediterráneo cando este era o centro económico do mundo occidental.





En 1667 un grande terremoto afectou á cidade e destruiu tres cuartas partes dos seus edificios, marcando o inicio do seu declive. A invasión napoleónica de 1808 puxo fin á independencia da república e desde entón a historia de Dubrovnik quedou vinculada á do resto de Croacia.

Palacio do rector, que sobreviviu ao terremoto

Palacio Sponza, outro do escasos edicios anteriores ao terremoto



ETIQUETAS:

20 E 21 DE ABRIL DE 2019   Dubrovnik é unha pequena cidade situada no extremo sur de Croacia, onde o país non é máis que unha estreit...

0 comentarios: