A penísula de Istria

7, 8, 9 E 10 DE AGOSTO DE 2019  


Neste tour pola península balcánica volvimos a Croacia antes do previsto a causa das trabas burocráticas que nos impediron entrar en Albania. A ruta por estrada levounos por lugares nos que xa estiveramos durante a semana santa, pero a tranquilidade da que entón disfrutamos transformouse nunha marabunta de coches e xente, atascos, imposibilidade de aparcar e aloxamentos moi caros.
Desde a fronteira con Montenegro no sur remontamos pola costa de Croacia ata a península de Istria, no noroeste do país. Non quixemos parar nos lugares que xa visitaramos, excepto en Split, onde fixemos noite e aproveitamos para pasear novamente polo casco antigo que ocupa o antigo palacio romano de Diocleciano.


Istria está na parte máis interna do Mar Adriático, a moi poca distancia de Venecia, que gobernou a rexión durante un longo período. A maioría da poboación de Istria era croata - lingua eslava e relixión católica - pero tras I Guerra Mundial a península foi ocupada pola Italia fascista, que provocou un éxodo de croatas e a chegada masiva de italianos. Tras a II Guerra Mundial, Istria é recuperada para os croatas e pasa a formar parte da Yugoslavia de Tito. Hoxe pertence a Croacia pero é tan cotián a influencia italiana que hai momentos nos que parece que cruzaches a fronteira para Italia sen darte de conta.


A península foi conquistada polos romanos no século II a.C., e a cidade de Pula funcionou como centro administrativo baixo o dominio romano. Desta época destaca o anfiteatro, moi ben conservado, ademais dun pequeno templo.




Calquer pobo da rexión ten o seu encanto, ben pola ubicación sobre o mar, ben pola traza medieval das rúas, pero en Rovinj parece que se xuntan todos estes aspectos.





E na pequena vila de Poreč - que aínda conserva na súa traza o decumanus e o cardo maximus da época romana -  está a Basílica Eufrásica, un conxunto de edificios relixiosos bizantinos do século VI. A igrexa ten uns mosaicos semellantes aos que vimos en Rávena (Italia), pero ademais é un dos mellores exemplos que se pode ver de como eran estes complexos nos primeiros séculos do cristianismo.




ETIQUETAS:

7, 8, 9 E 10 DE AGOSTO DE 2019   Neste tour pola península balcánica volvimos a Croacia antes do previsto a causa das trabas buroc...

0 comentarios: