A universidade e os frescos de Padua

19 DE AGOSTO DE 2019  


Padua é unha cidade do noreste italiano cercana a Venecia e históricamente ligada á súa universidade, unha das máis antigas do mundo, nacida en 1222 como unha escisión máis liberal da Universidade de Bolonia. Aquí chega Galileo Galilei en 1592 desde Pisa, atraído pola liberdade intelectual que proporcionaba a República Veneciana, onde a influencia da Inquisición era máis feble.


Acompañados dunha guía visitamos ao Palazzo Bo, sede histórica desta Universidade, que acolle unha aula magna onde impartía clases Galileo desde unha cátedra de madeira pagada polos seus numerosos alumnos.

A cátedra de Galileo


Camiñando por Padua atopamos unha cidade moi tranquila, con poucos turistas e moitos negocios pechados por vacacións, probablemente pola ausencia de estudantes en agosto. Ao igual que en Bolonia e outras cidades do norte italiano, a maioría das rúas teñen soportais.


Catedral de San Antonio de Padua


O monumento máis destacable de Padua é a Capela dos Scrovegni, un pequeno edificio cun exterior de escaso interese pero que alberga no seu interior unha serie de frescos de Giotto de 1305. Estas pinturas son moi importantes na historia da arte pois marcan un cambio de estilo que dá inicio ao Renacemento. As figuras humanas aparecen en posicións naturais e expresan sentimentos, ao contrario da arte medieval que se facía ata ese momento.


ETIQUETAS:

19 DE AGOSTO DE 2019   Padua é unha cidade do noreste italiano cercana a Venecia e históricamente ligada á súa universidade, unha das...

0 comentarios: