Berlín, unha cidade castigada pola historia

7 E 8 DE MARZO DE 2020  


Berlín é unha cidade que sufriu duros golpes durante o século XX. Foi a capital do réxime nazi, a sede desde onde se ordenaron grandes atrocidades contra os seres humanos. Foi arrasada polos bombardeos aliados na 2ª Guerra Mundial previos á súa ocupación. Logo foi o centro da guerra fría cando a cidade foi repartida entre os aliados como botín de guerra. E a situación aínda foi a peor cando a división política tomou corpo co muro da vergoña.

O certo é que non estaríamos aquí se non fora pola carga histórica que soportou a cidade. Quizais, se non fora por estes dramáticos sucesos, estaríamos a falar dunha cidade preciosa, con un fantástico patrimono arquitectónico e unha herencia cultural envexable. Pero todo isto perdeuse. E esa pérdida é o que viñemos ver. Tras a caída do muro a finais de 1989 a cidade tentou recuperar o tempo e as oportunidades perdidas, e non sen polémicas, deixou atrás o pasado fracturado para renacer como unha cidade reunificada.




Por menos de 50 € tomamos un vó de ida e volta de Oporto a Berlín, e pateamos a cidade durante un sábado e un domingo. A visita foi curta, pero suficiente para ver os elementos máis interesantes e quedar con ganas de ver algo máis.

Comezamos coa visita ao barrio Scheunenviertel, onde residían moitos dos 170000 xudeus que había na cidade cando Hitler accedeu ao poder. A partir dese momento, moitos deles tiveron que fuxir e tras o inicio da 2ª Guerra Mundial foron asasinados os 50000 que quedaron. Hoxe o barrio xa non é o suburbio empobrecido daquela época, e desde os anos 90 novos habitantes xudeus están vindo a vivir ao barrio.

Instalación conmemorativa da fuxida dos xudeus

Placas conmemorativas das persoas asasinadas nos campos de exterminio

Monumento en memoria dos asasinados no Holocausto

Gran parte da cidade tivo que ser construída desde os cimentos tras a guerra, aínda que tamén sobreviviron numerosos edificios tras ser reparados. Un dos que máis tempo tardou en ser rehabilitado foi o Reichstag, sede do parlamento alemán construído a finais do século XIX. En 1933, un mes despois de que Hitler fose nomeado canciller de Alemania, o Reichstag sufriu un incendio provocado. Hitler  aproveitou este feito para decretar unha sorte de estado de emerxencia prohibindo a actividade dos partidos de esquerda, executando a algún dos seus líderes, anulando a democracia parlamentaria e depositando a maioría do poder na súa propia persoa. O Reichstag non foi reparado ata a década dos 70, aínda que non puido funcionar como sede parlamentaria de Alemaña ata 1999, tras unha reforma deseñada por Norman Foster.


Ruinas dunha igrexa bombardeada na 2ª Guerra Mundial

Tras a finalización da 2ª Guerra Mundial, as potencias vencedoras dividiron Alemaña en catro zonas: a británica, a francesa, a estadounidense e a soviética. A antiga capital, situada no corazón da zona soviética, tamén foi dividida de maneira semellante. Inicialmente acordaran reconstruir a nación de forma conxunta, pero as desavenencias entre occidentais e soviéticos remataron creando dous estados alemáns: a República Federal Alemana (RFA) no bloque occidental e a República Democrática Alemana (RDA), no bloque soviético, que pronto se transformou nunha dictadura de partido único.

Alexanderplatz, orgullo da RDA


Berlín quedou igualmente dividida en dúas partes, e desta forma o oeste de Berlín convertiuse nunha illa de soberanía occidental no medio da RDA soviética. Os descontentos habitantes da RDA desprazábanse con facilidade ata Berlín oeste, desde onde fuxian cara a RFA. Durante a década dos 50 abandonaron a RDA uns 3 millóns de habitantes, e en 1961 os seu gobernantes decretaron a construcción do muro que separaría físicamente aos dous Berlíns, impedindo que os habitantes da RDA fuxiran a occidente.

Dúas paredes separadas por unha franxa de seguridade constituían o Muro

Checkpoint Charlie, un dos pasos fronteirizos entre Berlín Este e Oeste

O muro permaneceu como símbolo da Guerra Fría ata que o 9 de novembro de 1989, de xeito inesperado e pacífico, unha multitude atravesou polos pasos fronterizos, instaurando de facto o paso libre entre as dúas alemañas. En menos dun ano, ambos estados unironse establecendo a capital en Berlín.

Modernos edificios ocupan o vacío que deixou o muro

Para ben ou para mal, xa non queda gran cousa do muro. O seu trazado incluía unha extensa franxa de seguridade que foi ocupada por novos edificios, rúas e parques. En diferentes puntos da cidade se poden ver algúns tramos do muro, antigas instalacións de seguridade, diferentes museos e paneis explicativos.
A cara occidental do muro sempre estivo chea de graffitis, e desde a caída tamén se pintaron murais artísticos na cara oriental que están agora protexidos como patrimonio artístico.




Faltounos tempo para visitar os numerosos museos e exposicións da cidade, así que non nos queda outra que volver.

A porta de Brandenburgo

ETIQUETAS:

7 E 8 DE MARZO DE 2020   Berlín é unha cidade que sufriu duros golpes durante o século XX. Foi a capital do réxime nazi, a sede des...

0 comentarios: