O val de Baztán e a Selva de Irati

21 E 22 DE XULLO DE 2020  


Adentrámonos na cordilleira pirenaica a través das montañas de Navarra. Aquí as cimas non alcanzan grandes alturas pero a rexión é bastante escarpada. Para desprazarse entre pobos e vales hai que circular por estradas estreitas, reviradas e moita pendente.

Milano

No val de Batzán as pequenas vilas e aldeas da montaña teñen moita actividade e a maioría das casas tradicionais están en uso e ben restauradas. As casas labregas son grandes, com moita superficie en planta e tres ou máis andares.
Un dos lugares mais coñecidos do Pirineo Navarro é a Selva de Irati, unha gran masa de bosque de faias e abetos de enorme valor ecolóxico pola súa diversidade de especies. Aínda que estes bosques foron explotados no pasado, a adecuada xestión deste patrimonio natural fixo que chegara ata os nosos días nun estado case salvaxe, e está acollido a diversas figuras de protección ambiental.
A media hora de Ochagavía está o enclave de Casas del Irati, desde onde se accede á parte oriental do espazo e parten varias rutas de sendeirismo que non teñen ningunha dificultade. Aínda que nos tocou camiñar durante unha horas nun día moi caluroso, ao facelo á sombra das árbores levamos moi ben o paseo.


A caída dun raio deixoulle unha cicatriz a este abeto

Ochagavía
ETIQUETAS:

21 E 22 DE XULLO DE 2020   Adentrámonos na cordilleira pirenaica a través das montañas de Navarra. Aquí as cimas non alcanzan gran...

0 comentarios: