Coñecendo Malta e Gozo

 DO 7 AO 12 DE XULLO DE 2021  


Malta é un arquipélago sen apenas recursos naturais, pois non ten fontes de auga e o seu clima seco faino pouco propicio para a agricultura. As illas son de rocha caliza, hai moi poucas árbores e a maioría da súa superficie non serve para cultivar nada. 
Sen embargo, a súa posición estratéxica no Mediterráneo central, a medio camiño entre Europa e África, entre Oriente e Occidente, fixo de Malta un lugar codiciado desde a Antigüedade ata ben entrado o século XX. Así, foron varios os pobos que ocuparon as illas maltesas despois dos constructores de templos do neolítico e cada un deles deixou a súa pegada nestas terras. 
Fenicios, cartaxineses, romanos, bizantinos e árabes sucedéronse no dominio destas illas ata que finalmente acabáronse integrando no Reino de Sicilia, cuxo destino compartiron durante cinco séculos.

As embarcacións tradicionais maltesas remóntanse á época fenicia

Domus romana

Catacumbas cristianas de época romana

Foron os cabaleiros da Orde de Malta quenes deixaron o legado más visible no arquipélago. No século XVI, o rei de España cedeulles as illas de Malta, Gozo e Comino a estes monxes-guerreiros a cambio do pago anual simbólico dun falcón maltés. En realidade, o que pretendía o monarca era que os cabaleiros serviran de contención  contra os avances dos turcos otomanos no Mediterráneo. Para iso, levantaron murallas, fortes e torres vixía en puntos estratéxicos.


A Orde dos Cabaleiros foi expulsada da illa cando Napoleón conquistou Malta, que pouco despois pasou a ser controlada polo imperio británico ata a súa independencia en 1964. Dos 150 anos de dominio anglosaxón conservan o feito de conducir pola esquerda e manter o inglés como lingua oficial. Ademais fálase maltés, unha lingua semítica derivada do árabe que se escribe co alfabeto latino.
A cidade de La Valletta nace en 1566 da man dos Cabaleiros como resposta a un asedio turco no ano anterior. Foi dotada de murallas e fortificacións para soportar os frecuentes ataques dos otomanos. Fixose un planeamento urbanístico de antemán, cun trazado perpendicular nas súas rúas que maximiza a sombra e o refresco das brisas marinas. Todas as edificacións están feitas con sillares de rocha caliza, o que lle da un aspecto moi homoxéneo ás rúas.




Non hai nada particular que destaque na Valletta, pero a cidade amurallada, xunto co Gran Porto e as tres cidades que hai ao outro lado da bahía forman un conxunto no que paga a pena pasear sen rumbo durante unha xornada.




O resto dos 5 días que estivemos no país movémonos en coche polas dúas illas principais do arquipélago, Malta e Gozo. A primeira, sendo a de maior tamaño, só mide 27 km de lonxitude por 14 de anchura e concentra a maioría da poboación.

Acuario Nacional de Malta

Acuario Nacional de Malta

Entrada á cidade amurallada de Mdina

Mdina

Cruzando en ferri un pequeno estreito chégase a Gozo, que ten a cuarta parte da superficie. En 1551 os 5000 habitantes de Gozo, salvo os máis anciáns, foron capturados polos turcos e vendidos como escravos. Unha chama permanente na fortaleza de Cittadella serve como recordo deste feito.

Ao fondo, vista da Cittadella amurallada na illa de Gozo

Catedral na Cittadella

Ambas illas teñen unha paisaxe semellante e ofrecen atractivos naturais e sitios históricos moi parecidos. Case non hai praias de area pero a cambio hai moitas zonas de baño nos entrantes da costa rochosa. Grazas a transparencia e temperatura da auga, o snorkel é fácil e divertido e permite ver as pradeiras de posidonia endémicas do Mediterráneo.

Blue Grotto

St Peter's Pool

En varios puntos da costa de Gozo hai salinas talladas na rocha que funcionaron desde época medieval ata hai unhas poucas décadas. Algunhas delas todavía están operativas aínda que a producción artesanal é moi pequena.



As rochas calizas das illas conteñen moitos fósiles

En definitiva, paga a pena descubrir a intensa historia do pequeno arquipélago maltés e dedicar uns días a explorar os seus variados tesouros.


ETIQUETAS:

 DO 7 AO 12 DE XULLO DE 2021   Malta é un arquipélago sen apenas recursos naturais, pois non ten fontes de auga e o seu clima seco faino pou...

0 comentarios: