En bici pola ecopista do Miño

 28 DE AGOSTO DE 2021  


Na marxe portuguesa do río Miño, entre Monçao e Vila Nova de Cerveira, discorre unha vía verde perfectamente acondicionada para ciclistas e camiñantes. Como apenas ten desnivel, resulta moi agradable pedalear ao longo dos seus 37 km, sempre á beira do río seguindo o trazado dun antigo ferrocarril.
A pouca distancia de Monçao fixemos unha primeira parada para subir á Torre de Lapela, único elemento que se conserva dunha fortaleza medieval que defendía a fronteira marcada polo río.


Vista do Miño desde a Torre de Lapela

A ecopista continúa entre viñedos ata Valença do Minho, onde nos detivemos un bo rato para descansar e pasear pola fortaleza. Aínda que a fortificación data de época medieval, foi totalmente reformada no século XVII para afrontar as contiendas con España no contexto da guerra de restauración da independencia de Portugal. O impresionante sistema defensivo en forma de estrela, cos seus baluartes e foxos, consérvase intacto e encerra o casco vello da cidade.






Ponte internacional que une Tui con Valença

A partir de Valença, a ecopista continúa por antigas sendas de pescadores nun entorno arborado, atravesando varias praias fluviais, ata Vila Nova de Cerveira. Esta pequena e animada vila, tamén fortificada, foi o lugar da nosa última parada antes de percorrer o últimos quilómetros que nos separaban do lugar onde deixáramos o coche.





ETIQUETAS:

 28 DE AGOSTO DE 2021   Na marxe portuguesa do río Miño, entre Monçao e Vila Nova de Cerveira, discorre unha vía verde perfectamente acondic...

0 comentarios: