Os pobos do Alto Alentejo

9 E 10 DE OUTUBRO DE 2021  


Circunstancias azarosas fixeron que nesta ponte de outubro acabáramos no Alto Alentejo de forma imprevista. Esta rexión portuguesa está situada, como indica o seu nome, máis alá do río Tejo, e o río Guadiana separa ao Alentejo da Extremadura española. É unha zona fronteiriza que foi moi conflictiva no pasado, e tal como vimos recentemente en Ciudad Rodrigo ou en Valença do Minho, a defensa militar marcou o seu urbanismo.

A paisaxe alentexana característica é a devesa de oliveiras, aciñeiras e sobreiras, salpicada de colinas que, nalgún caso, están coroadas por vilas. Son poboacións rodeadas por unha muralla con torres e castelos, percorridas por rúas estreitas empedradas e as casas e edificios pintados de branco e amarelo. Sorprende o bo estado de conservación destes pobos, nos que é raro ver casas en ruinas ou edificios que non respetan a arquitectura tradicional.

Tras catro horas de viaxe por estrada, durmimos en Castelo de Vide. Adicamos a mañán a deambular por esta pequena e tranquila vila, na que tivemos a sensación estar vendo un lugar moi bonito e interesante pero inmerecidamente descoñecido, algo que se repetiría ao longo destes 4 días. As empinadas rúas que unen a Fonte da Vila co castelo conforman a que foi unha das máis importantes xuderías de Portugal, que gañou moita poboación e riqueza no século XV coa chegada dos xudeus expulsados de España.



Fonte da Vila, do século XVI





A poucos quilómetros de Castelo de Vide, encaramada no alto dun risco, atópase Marvão. Debe o seu nome ao líder musulmán Ibn Marwan, quen dominou a zona no século IX. Tras a conquista cristiá este lugar mantivo a súa importancia estratéxica, debido á proximidade coa fronteira do reino de Castela. As murallas e o castelo foron reforzados para convertir Marvão nun bastión inexpugnable. No interior da muralla atopamos outro perfecto exemplo da arquitectura popular alentejana de casas e igrexas encaladas.






Fixemos noite en Elvas, unha cidade cuartel que se fortificou contra os mesmos enemigos españois, pero nunha época posterior. É un dos mellores exemplos de arquitectura militar europea, e o conxunto de baluartes, foxos e fortes do século XVII e XVIII son Patrimonio da Humanidade. A vila é bastante grande e non é fácil visualizar o sistema defensivo, de pouca altura pero moi extenso, pensado para soportar ataques de artillería. 


Porta na muralla cunha capela integrada



Igrexa das Dominicas

Igrexa das Dominicas

Xusto no exterior do perímetro defensivo está o Acueducto de Elvas, obra iniciada no século XVI, de gran tamaño e ben conservado.


A xornada rematou en Monsaraz, outra preciosa vila branca con castelo situada nun alto que aínda que parece non ofrecer nada diferente respecto das anteriores, ten un encanto propio e non pode faltar nunha ruta por esta rexión.






ETIQUETAS:

9 E 10 DE OUTUBRO DE 2021   Circunstancias azarosas fixeron que nesta ponte de outubro acabáramos no Alto Alentejo de forma imprevista. Esta...

0 comentarios: